Rosamar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Rosamar foi un barco arrastreiro portugués, que foi a pique nas costas galegas en decembro de 2008.

Características[editar | editar a fonte]

O barco foi construído en 1978, tiña casco de aceiro e 34 metros de eslora[1].

Era propiedade da empresa Pescarias Labayen, con sede en Matosinhos (Portugal), pero os seus propietarios son de Burela, onde posúen outras empresas como Pesquerías Savinela ou Pesquerías Veiga[2]. Despois de pertencer a distintas empresas portuguesas, en 2003 fora comprado polo último armador, e destinado a faenar con base de traballo nos portos de Burela e San Cibrao.

Cunha tripulación de 13 persoas, dedicábase á captura de pescada e xurelo.

O accidente[editar | editar a fonte]

O accidente produciuse o 5 de decembro de 2008, ás 8:45am hora local,[3] probablemente como consecuencia do enganche das redes[4]. Nese momento o pesqueiro estaba situado a 24 millas ao noroeste do porto de San Cibrao.

No accidente pereceron tres tripulantes e quedaron cinco persoas máis desaparecidas. As vítimas eran de nacionalidade portuguesa (catro) e indonesia (catro). Os sobreviventes foron un mariñeiro indonesio e catro portugueses.

Notas[editar | editar a fonte]