Rosa María Mateo
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2018) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de xaneiro de 1942 Burgos |
| 27 de xullo de 2018 – 25 de marzo de 2021 ← José Antonio Sánchez Domínguez – José Manuel Pérez Tornero → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade Complutense de Madrid - dereito Escola Oficial de Cinema - xornalismo, ciencias políticas |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, presentadora de televisión |
| Período de actividade | 1963 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Miguel Rellán (1990–) Manuel Leguineche |
| Premios | |
| |
Rosa María Mateo, nada en Burgos, 6 de xaneiro de 1943, é unha xornalista española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1963 ingresou como locutora en Radio Nacional de España, incorporándose en 1966 aos servizos informativos de Televisión Española. Nunha primeira etapa, desenvolveu a súa carreira en La 2, daquela coñecida como UHF, en programas como La segunda cadena informa (1968). A principios dos anos 70 pasou á Primera canle, incorporándose ao recentemente estrenado Informe semanal de Pedro Erquicia, onde permanecería ata 1980.
Presentou tamén o Telediario, ata 1993 en que foi fichada por Antena 3 para facerse cargo do seu informativo Antena 3 Noticias de fin de semana. Permaneceu na canle privada, presentando na última época o informativo de madrugada, ata o ano 2003 en que o seu contrato se deu por finalizado.
Televisión
[editar | editar a fonte]- La segunda cadena informa (1968)
- Buenas tardes (1970-1973)
- Informe semanal (1974-1980)
- Telediario (1973-1993)
- Crónica 3 (1981) con Jesús Hermida
- Fila 7 (1983)
- Al filo de la ley (1993)
- Antena 3 Noticias (1993-2003)
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- TP de Oro á mellor presentadora (1972).
- Antena de Oro (1972).
- Premio Ondas, na categoría de Nacionais de Televisión (1974).
- Antena de Oro, na categoría de Traxectoria profesional (2003).
- Premio honorífico «Toda una vida» da Academia de Televisión (2007).
- Medalla ao Mérito no Traballo, outorgada polo Ministerio de Traballo e Inmigración (2010).
- Premio Exxpopress Honorífico, outorgado polo Clube Exxpopress de Periodistas de Galicia, en recoñecemento á súa traxectoria profesional (2013).
- Premio Margarita Rivière ao rigor periodístico con visión de xénero, outorgado pola Asociación de Mulleres Periodistas de Cataluña (2018).
- Premio Avogados de Atocha, pola súa defensa dos dereitos humanos e a loita pola liberdade, outorgado por CCOO Castilla-La Mancha e a Fundación Instituto de Estudios Sociais de CCOO (2019).
- Premio de Comunicación Manuel Alonso Vicedo, en recoñecemento á súa traxectoria profesional (2019).
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosa María Mateo |