Partido de los Trabajadores de España-Unidad Comunista
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
Partido de los Trabajadores de España-Unidad Comunista | |
---|---|
Tipo | partido político español |
Ideoloxía | Eurocomunismo |
Data de fundación | 9 de outubro de 1985 |
Data de disolución | 27 de outubro de 1991 |
Presidente/a | Santiago Carrillo Solares (-) |
Secretario/a | Adolfo Piñedo Simal |
Nº de membros | 8.000 (1991) |
Sede | Madrid |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Partido de los Trabajadores de España-Unidad Comunista foi un partido político español fundado por Santiago Carrillo tras abandonar o Partido Comunista de España en outubro de 1985, ó primeiro o partido coñeceuse co nome de Partido Comunista de España (Marxista-Revolucionario), que en Galicia estaba representado polo Partido Comunista de Galicia (Marxista-Revolucionario). Nas eleccións xerais de 1986 presentou a candidatura de Mesa para la Unidad de los Comunistas, que conseguiu 229.695 votos (1,1%). Nas eleccións municipais de 1987 con 185.104 votos obtivo 179 concelleiros, principalmente nas provincias de Granada e Sevilla. Carrillo encabezou a candidatura das Eleccións Europeas de 1987, pero quedou lonxe de conseguir a acta con 222.680 votos (1,1%).
Tras o fracaso das eleccións xerais de 1989 (nas que obtivo 86.257 votos) o partido decidiu integrarse no Partido Socialista Obrero Español en outubro de 1991 permanecendo como corrente de opinión, baixo a denominación de Unidad de la Izquierda. Santiago Carrillo retirouse da actividade política.