Saltar ao contido

Roque de Garachico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRoque de Garachico
Imaxe
TipoFarallón
monumento natural de España
espazo natural protexido Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Canarias Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Santa Cruz de Tenerife, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 28°22′47″N 16°45′45″O / 28.3797, -16.7626
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións0,169 (ancho) × 0,284 (lonxitude) km
Superficie0,03 km²
3,03713 ha Editar o valor en Wikidata
IUCN categoría III: Monumento Natural
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 349647 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1987 Editar o valor en Wikidata

O Roque de Garachico é un illote canario localizado na costa norte da illa de Tenerife (España), pertencente ao municipio de Garachico. Cunhas 5 hectáreas de superficie, este espazo quedou protexido en 1987 coa denominación inicial de Paraxe natural de interese nacional do Illote de Garachico. En 1994 adoptou o seu nome actual de Monumento Natural do Roque de Garachico.

O roque é unha formación xeolóxica volcánica de coadas basálticas que quedou illada debido ao retroceso da costa pola erosión mariña. A súa vexetación é escasa, cunha presenza maioritaria de cardones e tabaibas. As súas paredes constitúen un punto de nidificación e refuxio para diversas aves migratorias e outras que se atopan ameazadas como o pardela de Bulwer, a pardela pequena ou o paíño de Madeira.