Roque de Garachico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 28°22′47″N 16°45′45″O / 28.37972, -16.76250

Imaxe do roque

O Roque de Garachico é un illote canario localizado na costa norte da illa de Tenerife (España), pertencente ao municipio de Garachico. Cunhas 5 hectáreas de superficie, este espazo quedou protexido en 1987 coa denominación inicial de Paraxe natural de interese nacional do Illote de Garachico. En 1994 adoptou o seu nome actual de Monumento Natural do Roque de Garachico.

O roque é unha formación xeolóxica volcánica de coadas basálticas que quedou illada debido ao retroceso da costa pola erosión mariña. A súa vexetación é escasa, cunha presenza maioritaria de cardones e tabaibas. As súas paredes constitúen un punto de nidificación e refuxio para diversas aves migratorias e outras que se atopan ameazadas como o pardela de Bulwer, a pardela pequena ou o paíño de Madeira.