Room (filme de 2015)
Room | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Director | Lenny Abrahamson |
Produtor | Ed Guiney David Gross |
Guión | Emma Donoghue |
Baseado en | Room por Emma Donoghue |
Intérpretes | Brie Larson Jacob Tremblay Joan Allen Sean Bridgers William H. Macy |
Música | Stephen Rennicks |
Fotografía | Danny Cohen |
Montaxe | Nathan Nugent |
Estudio | Film4 Element Pictures No Trace Camping |
Distribuidora | A24 Films |
Estrea | Telluride: 4 de setembro de 2015 16 de outubro de 2015 |
Duración | 118 minutos[1] |
Orixe | Canadá Irlanda[2][3][4] Reino Unido Estados Unidos[5] |
Xénero | Drama |
Orzamento | $13 000 000[6] |
Recadación | $35 400 000[7] |
Na rede | |
http://roomthemovie.com | |
|
Room é un filme Británico-estadounidense-canadense-irlandés de 2015, dirixido por Lenny Abrahamson e escrito por Emma Donoghue, baseado na novela do mesmo nome de Donoghue. O filme está protagonizado por Brie Larson, Joan Allen, William H. Macy, Sean Bridgers e Jacob Tremblay. Exhibiuse na sección Presentacións Especiais do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015, posteriormente tivo a súa estrea no Festival de Cinema de Telluride.[8] O filme tivo a estrea limitada o 16 de outubro de 2015, antes de ter unha estrea en todos o país o 6 de novembro de 2015, por A24 Films.[9] En Galicia estreouse en febreiro de 2016 coa dobraxe en castelán. O filme estaba nomeado a catro premios Óscar na 88ª edición dos Óscar, finalmente Larson levou o Óscar á mellor actriz.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Joy Newsome, tamén coñecida como Ma e o seu fillo Jack de cinco anos viven retidos polo vello Nick nun pequeno alpendre no xardín dunha casa. No cuarto non hai fiestras, agás unha lumieira no teito. Durante o transcurso do filme, Ma e máis Jack realizan distintas actividades para non se aborrecer, e Ma protexe a Jack da realidade, porén decide tomar a decisión de lle contar ao neno o que en realidade acontece e tentan fuxir.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Brie Larson como Joy Newsome "Ma"
- Jacob Tremblay como Jack Newsome
- Joan Allen como Nancy Newsome
- William H. Macy como Robert Newsome
- Megan Park como Laura
- Sean Bridgers como o Vello Nick
- Cas Anvar como o Doutor Mittal
- Amanda Brugel como a Oficial Parker
- Joe Pingue como o Oficial Grabowski
- Tom McCamus como Leo
Produción
[editar | editar a fonte]O 3 de setembro de 2013 anunciouse que Lenny Abrahamson dirixiría o filme, con guión de Emma Donoghue baseada na súa propia novela "Room". Ed Guiney produciríaa a través de Element Pictures.[10] O 9 de abril de 2014, Brie Larson uniuse para interpretar o papel principal de Ma.[11] O 10 de novembro, Joan Allen, William H. Macy e Jacob Tremblay uníronse ao filme.[12]
A fotografía principal comezou o 10 de novembro de 2014 na cidade de Toronto e rematou o 15 de decembro de 2014. No seu rol coma "Ma", a actriz Brie Larson consultou con expertos e nutricionistas para poder levar un papel máis realista. Larson despois indicou que a súa nova personaxe era nun filme "cunha historia de amor, liberdade e perseveranza que se sente medrar se converterse nunha propia persoa". Esta película marca a terceira colaboración entre a actriz Joan Allen e William H. Macy despois de protagonizar previamente xuntos en Searching for Bobby Fischer e Pleasantville.
Rodaxe
[editar | editar a fonte]A rodaxe do filme comezou o 10 de novembro de 2014 en Toronto, e rematou o 15 de decemrbo de 2014.[13]
Lanzamento
[editar | editar a fonte]A compañía de distribución A24 Films, adquiriu os dereitos do filme nos Estados Unidos. Sóubose que a estrea mundial sería o 4 de setembro de 2015 no Festival de Cine de Telluride. O filme amosouse tamén na sección de presentacións especiais no Festival Internacional de Cinema de Toronto, no ano 2015. Recibiu tamén unha presentación especial no Festival de Cinema de Londres, o 11 de outubro de 2015. O filme comezou unha estrea limitada o 16 de outubro de 2015.[14]
Recadación
[editar | editar a fonte]A partir do 26 de xaneiro de 2016 calcúlase unha estimación recadada dun total de 9,1 millóns de $ en todo o mundo.
Recepción
[editar | editar a fonte]Room ten recibido críticas positivas, Metacritic dálle ao filme unha media de 86 puntos sobre 100, baseadas nos comentarios dos críticos, o que indica "aclamación universal".[15]. Algúns críticos describiron a actuación de Brie Larson e Jacob Tremblay coma unha actuación que fai da película un filme inesquecíbel e desgarrador.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Room recibiu unha cantidade numerosa de premios e nomeamentos. Brie Larson en particular, sinalouse cos premios da Asociación de Críticos de Cinema de Chicago, e varias outras organizacións de críticos de cinema de adxudicación co galardón de mellor actriz. Larson tamén recibiu nomeamentos para o Premio da Crítica, Screen Actors Guild, e gañou o Globo de Ouro á Mellor Actriz. Emma Donoghue, encargada do guión e Jacob Tremblay tamén teñen recibido atención de premios. Ademais, Room recibiu catro nomeamentos da Academia que se celebrou o día 28 de febreiro de 2016, levando finalmente Larson o Óscar á mellor actriz.
Premio | Categoría | Receptores | Resultado | Ref(s) |
---|---|---|---|---|
Mellor filme | Ed Guiney | Nomeado | [16] | |
Mellor director | Lenny Abrahamson | Nomeado | ||
Mellor actriz | Brie Larson | Gañadora | ||
Mellor guión adaptado | Emma Donoghue | Nomeado | ||
Globos de Ouro | Mellor filme - Drama | Room | Nomeado | [17][18] |
Mellor actriz - Drama | Brie Larson | Gañadora | ||
Mellor guión | Emma Donoghue | Nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (5 de novembro de 2015). "ROOM". Consultado o 5 de novembro de 2015.
- ↑ CBC News, ed. (27 de febreiro de 2016). "Canada, Ireland lay claim to Oscar nominees Room and Brooklyn". Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016. Consultado o 7 de xullo de 2016.
- ↑ Coyne, Kevin. Irish Film Institute, ed. "Room". Consultado o 23 de xullo de 2016.
- ↑ The Canadian Press (21 de setembro de 2015). CBC News, ed. "TIFF 2015: Room wins People's Choice Award as festival wraps". Arquivado dende o orixinal o 9 de maio de 2016. Consultado o 22 de xullo de 2016.
- ↑ British Film Institute (ed.). "Room BFI website". Consultado o 1 de outubro de 2017.
- ↑ Los Angeles Times, ed. (29 de decembro de 2015). "With indie films such as 'Brooklyn' and 'Room,' the creativity often begins with the financing". Consultado o 23 de ferbreiro de 2016.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Room (2016)". Consultado o 28 de marzo de 2016.
- ↑ ""Toronto to open with 'Demolition'; world premieres for 'Trumbo', 'The Program'"" (en inglés). ScreenDaily. 28 de xullo de 2015. Consultado o 3 de outubro de 2015.
- ↑ ""Brie Larson’s ‘Room’ Set for Oct 16 Release."" (en inglés). Variety. 16 de setembro de 2015. Consultado o 3 de outubro de 2015.
- ↑ ""Lenny Abrahamson to Direct Movie Adaptation of Best-Selling Novel 'Room'"." (en inglés). TheHollywoodReporter. 3 de setembro de 2013. Consultado o 3 de outubro de 2015.
- ↑ ""Brie Larson Enters Lenny Abrahamson’s Captivity Drama ‘Room’"." (en inglés). Deadline.com. 9 de abril de 2014. Consultado o 3 de outubro de 2015.
- ↑ ""AFM: William H. Macy, Joan Allen Join Brie Larson’s ‘Room’"" (en inglés). Variety.com. 10 de novembro de 2014. Consultado o 3 de outubro de 2015.
- ↑ ""On The Set, - Box Office ... Abrams Wraps The Cellar, Tom Hiddleston Finishes I Saw the Light & More"" (en inglés). ssninsider.com. 15 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 3 de outubro de 2015.
- ↑ ""Cannes: Brie Larson Drama 'Room' Goes to A24 Films"" (en inglés). TheHollywoodReporter.com. 18 de maio de 2014. Consultado o 3 de outubro de 2015.
- ↑ "Reviews "Room"" (en inglés). Metacritic. Consultado o 3 de outubro de 2015.
- ↑ "Lista de nomeados ao Óscar". 14 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2016. Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Listado completo de nominados a los Globos de Oro" (en español). Consultado o 10 de decembre de 2015.
- ↑ "Globos de Oro: 'El renacido', 'Marte' y 'Steve Jobs', grandes triunfadoras" (en español). Consultado o 11 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Room na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)