Biolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lumieira no Museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela.

Un biolo ou mainel é unha pequena abertura no teito, nunha parede ou nunha porta utilizada para fornecer luz a un cuarto[1]. Ao situárense no teito, a iluminación é moi superior á das fiestras das paredes, malia seren os biolos pequenos e abarcar un espazo polo que pode pasar con dificultade unha persoa.

Existen varios termos moi achegados con lixeiras diferenzas:

  • Lucerna, abertura na parte alta dunha parede que serve para dar luz.
  • Lumieira, pequena xanela aberta no teito para dar claridade e ventilar.
  • Claraboia, xanela aberta no teito ou na parte alta dunha parede. Nalgunhas construcións, coma por exemplo no Panteón de Roma, a existencia dunha claraboia ten a función de aliviar o peso da cúpula.
  • Bufarda, pequena abertura na parede das casas que serve para ventilar as cortes do gando ou as adegas formada normalmente por unha peza de cantaría furada ou dúas pezas que deixan entre elas unha fenda.
  • Tubo de luz ou lumiduto (lightway en inglés), tubo solar que permiten levar luz solar a habitacións; non está situado xusto baixo o teito. Son captadores de luz solar natural en forma de tubo que a transmite ao interior dunha vivenda mediante un difusor. Adoita ser un tubo de metal, por exemplo aluminio, e está cuberto internamente por cristais que actúan como elemento difusor da luz.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición e denominacións en Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]