Ron Crocombe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ron Crocombe
Nacemento8 de outubro de 1929
Lugar de nacementoAuckland
Falecemento19 de xuño de 2009
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeNova Zelandia
Alma máterUniversidade Vitoria de Wellington, Universidade de Auckland e Universidade Nacional Australiana
Ocupaciónhistoriador da economia e académico
CónxuxeMarjorie Crocombe
editar datos en Wikidata ]

Ronald Gordon Crocombe, nado o 8 de outubro de 1929 en Auckland e finado o 19 de xuño de 2009 na mesma localidade, foi un historiador neozelandés, especialista no Pacífico Sur.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ron Crocombe educouse en Piopio no distrito de Waitomo ata que regresou a Auckland para estudar no Otahuhu College, logo realizou estudos superiores por correspondencia e máis tarde rematou os estudos na Universidade de Auckland. Ron viviu en varias illas do Pacífico durante varios anos antes de se converter a comezos da década de 1950 en axente residente en Atiu nas Illas Cook, estudou desenvolvemento económico e psicoloxía cultural na Universidade Vitoria de Wellington e historia na Universidade Nacional Australiana (UNA), defendendo en 1961 a tese "Land tenure in the Cook Islands".

Crocombe viviu en Papúa Nova Guinea de 1962 a 1969 como director da unidade de investigación da UNA nese territorio, trasladándose á Universidade do Pacífico Sur en Suva como responsable do Instituto de Estudos do Pacífico durante vinte anos, vivindo entre Suva e Rarotonga, onde tiña a súa familia. Ao se xubilar en 1989 converteuse en profesor emérito. Considérase o pai dos Estudos do Pacífico[1]. Morreu mentres dun ataque ao corazón no Aeroporto de Auckland cando se dispuña para volver á súa casa en Rarotonga. O seu funeral celebrouse no Parlamento das Illas Cook.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Crocombe R.G. 1958. The Cook Islands. Wellington: Government Printer.
  • Crocombe R.G., M.T. Crocombe (eds.). 1968. The Works of Ta'unga: Records of a Polynesian Traveller in the Southern Seas, 1833-1896. Canberra: Australian National University Press ; Honolulu: University of Hawaii Press.
  • Crocombe R.G. 1968. Improving land tenure : a survey of the problems of adapting customary land tenure systems to modern economic conditions in the region served by the South Pacific Commission. Nouméa: South Pacific Commission.
  • Crocombe R.G. 1971. Land tenure in the Pacific. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-550316-3.
  • Crocombe R.G., A. Ali (eds.). 1983. Foreign forces in Pacific politics. Suva: University of the South Pacific.
  • Patel K., R.G. Crocombe, P. Hereniko (eds.). 1985. Tahiti: The Other Side. Suva: University of the South Pacific.
  • Crocombe R.G. (ed.) 1988. Pacific universities: achievements, problems, prospects. Suva: University of the South Pacific.
  • Bartlett A., P. Larmour, R.G. Crocombe. 1981. Land, People and Government: Public Lands Policy in the South Pacific. Suva: University of South Pacific.
  • Acquaye B., R.G. Crocombe (eds.). 1984. Land tenure and rural productivity in the Pacific Islands. Suva: University of the South Pacific.
  • Pollock N.J., R.G. Crocombe (eds.). 1988. French Polynesia : a book of selected readings. Suva: University of the South Pacific. ISBN 982-02-0032-6.
  • Crocombe R.G. 1990. Voluntary service and development in the Cook Islands. Rarotonga: University of the South Pacific. ISBN 982-02-0023-7.
  • Crocombe M.T., R.G Crocombe, K. Kauraka, M. Tongia (eds.). 1992. Te rau maire: poems and stories of the Pacific. Rarotonga: Tauranga Vananga. ISBN 982-220-005-6.
  • Crocombe R.G. e E. Tuza. 1992. Independence, dependence, interdependence : the first 10 years of Solomon Islands independence. Honiara: University of the South Pacific Honiara Centre. ISBN 982-02-0194-2.
  • Crocombe R.G. 1992. Pacific Neighbours: New Zealand's Relations With Other Pacific Islands. Christchurch: University of Canterbury ; Suva: University of the South Pacific. ISBN 982-02-0078-4.
  • Crocombe R.G., M.T. Crocombe. 1994. Post secondary education in the South Pacific: present patterns and future options. Londres: Commonwealth Secretariat. ISBN 0-85092-399-9.
  • Crocombe R.G. 1995. The Pacific Islands and the USA. Rarotonga: University of the South Pacific ; Honolulu: East-West Center. ISBN 982-02-0116-0.
  • Crocombe R.G., M.T. Crocombe (eds.). 2002. Akono'anga Maori: Cook Islands culture. Suva: University of the South Pacific. ISBN 982-02-0348-1.
  • Nedeljkovic M., R.G. Crocombe. 2003. Terre et territoires: défis et évolutions dans les pays du Pacifique. París: Harmattan. ISBN 2-7475-4422-2.
  • Crocombe R.G. 2007. Asia in the Pacific Islands: Replacing the West. Suva: University of the South Pacific. ISBN 982-02-0388-0.
  • Crocombe R.G. 2008. The South Pacific. 7th edition. Suva: University of the South Pacific. ISBN 982-02-0154-3.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fiji Times: Father figure of 'Pacific Studies' passes away". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2011. Consultado o 01 de xaneiro de 2011.