El Diario de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
El Diario de Lugo
Periódico político y de intereses generales
El Diario de Lugo, nº 1.jpg
Portada do primeiro número.
Formato de páxinadobre columna
Nº de páxinas4
Fundación1872
Remata4 de outubro de 1884
DirectorAntonio Villamarín
FundadorAntonio Villamarín
ColaboradoresManuel Curros Enríquez, Manuel Murguía, Emilia Pardo Bazán e Aureliano Pereira.
Tendencialiberal, anticlerical
Linguacastelán
LocalidadeLugo
Periodicidadediario
SucesorEl Regional

El Diario de Lugo foi un xornal que se publicou en Lugo entre 1876 e 1884.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico político y de intereses generales, apareceu en 1872 para desaparecer aos poucos números. Volveu aparecer xa definitivamente o 1 de outubro de 1876. Fundado e dirixido polo impresor Antonio Villamarín. Os domingos saía co suplemento literario "El Domingo del Diario", que o 21 de setembro de 1879 pasou a denominarse "Hoja Literaria", e no que colaboraron Manuel Curros Enríquez, Manuel Murguía, Emilia Pardo Bazán. Aureliano Pereira foi un dos principais animadores do diario. Polo seu carácter liberal e anticlerical tivo que pechar, logo dunha confrontación coa diocese, o 4 de outubro de 1884. Foi continuado por El Regional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]