Romano III
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 968 Hierápolis, Turquía |
| Morte | 11 de abril de 1034 Constantinopla, Turquía |
| Causa da morte | homicidio, supostamente, intoxicación |
| Lugar de sepultura | Constantinopla |
| Emperador bizantino | |
| 15 de novembro de 1028 – 11 de abril de 1034 ← Constantino VIII – Miguel IV → | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Familia | Dinastia macedônica (pt) |
| Cónxuxe | Zoe Porfiroxénita |
| Pai | Mariano Argiro |
| Irmáns | Basílio Argiro Pulcheria Argyre Maria Argyropoulina |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Romano III, nado no 968 e finado o 11 de abril de 1034, foi o emperador bizantino dende o 15 de novembro de 1028 ata a súa morte. O seu apelido Argyros, significa "prata", e en grego o seu nome completo era Ρωμανός Αργυρός.
Romano foi un patricio bizantino non especialmente destacado, que foi obrigado polo emperador Constantino VIII a casar coa súa filla Zoe e converterse no seu sucesor. Mostrou gran disposición a deixar unha marca duradeira como emperador, pero non tivo gran fortuna nas súas empresas. Gastou grandes sumas na construción de novos edificios e na dotación de mosteiros, e na súa vontade de suavizar a presión fiscal desbaratou as finanzas do Imperio.
En 1030, decidido a responder ás incursións musulmás sobre as súas fronteiras orientais, dirixiu persoalmente un grande exército contra Alepo, pero foi sorprendido na súa marcha e sufriu unha grave derrota en Azaz, preto de Antioquía. Aínda que este desastre foi compensado pola defensa de Edesa por parte de Xurxo Maniaces e pola derrota dunha frota árabe no Adriático, Romano nunca recuperou a súa popularidade. A súa morte temperá crese que foi debida a un envelenamento inducido pola súa esposa.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Miguel Psellos o Xove, Cronografía (ed. esp.: Miguel Pselo, Vidas de los emperadores de Bizancio, Madrid: Ed. Gredos, 2005).
| Imperio Bizantino | ||
|---|---|---|
Segue a: Constantino VIII |
Romano III | Precede a: Miguel IV |
| Dinastía Macedonia | ||