Suíza romanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Romandía»)
Distribución lingüística de Suíza      Francés (Romandía)      Alemán      Italiano      Retorrománico

Romandía, Suíza romanda, Suíza romana, tamén chamada Suíza francesa, é a parte francófona de Suíza.

Localización e características[editar | editar a fonte]

Comprende os cantóns de Xenebra, Vaud, Neuchâtel e Xura, así como as zonas francófonas dos cantóns de Berna, Valais e Friburgo. Ao redor de 1,5 millóns de persoas (o 20% da poboación suíza) vive en Romandía.

O francés suízo e o francés de Francia son a mesma lingua con algunhas diferenzas. Por exemplo, como noutras rexións de fala francesa, os francófonos suízos (e tamén os de Bélxica) usan septante (setenta) en lugar de soixante-dix (literalmente, "sesenta-dez") e nonante (noventa) en lugar de quatre-vingt-dix ("catro-vinte-dez"). Na meirande parte de Romandía, os falantes utilizan octante ou huitante (oitenta) en lugar do seu homólogo en francés de Francia quatre-vingt ("catro-vinte"), coa excepción do norte do territorio, onde esta última forma inda é maioritaria.

O idioma francoprovenzal foi predominante na meirande parte das zonas rurais desta rexión até inicios do século XX. O idioma alemán de Suíza retrocedeu algúns quilómetros cara ao Leste ante o francés desde fins do século XIX, isto nótase principalmente no cantón de Valais/Wallis, restando algúns moi pequenos enclaves illados, principalmente no cantón do Xura.

O termo "Romandía" non existe formalmente no sistema político, pero utilízase para distinguir e unificar a poboación francófona de Suíza. A canle de televisión Télévision Suisse Romande (TSR) está destinada precisamente a esta poboación, e está sindicada á canle francesa TV5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]