A Télévision suisse romande está formada por varias canles:
TSR 1: canle xeneralista que transmite información, programas de actualidade, series, películas e algún evento deportivo importante. Recíbese en todo o país e é a canle con máis audiencia da Suíza romanda, por diante da canle francesa TF1.
TSR 2: canle cuxa programación se compón de redifusións de programas de TSR 1, algunhas series, películas, programas para xoves, programas culturais e, sobre todo, moitas retransmisións deportivas.
TSRinfo: canle de información continua que se pode ver a través de Internet.
A canle TSR 1 recíbese en todo o país. Por outra parte, TSR 2 recíbese por TDT unicamente na Suíza romanda (francófona) pero pode ser captada nas outras zonas lingüísticas a través dos operadores de cable. Pódense recibir as dúas canles da TSR a través do satélite Hot Bird (tarxeta SatAccess necesaria para descodificar o sinal pero tan só é proporcionada ás persoas domiciliadas en Suíza e aos cidadáns suízos que residen no estranxeiro). Tamén se recibe nalgunhas zonas de Francia que son limítrofes con Suíza. Ademais algúns programas da TSR emítense en TV5 Monde.
A Télévision Suisse Romande é a canle con máis audiencia da Suíza romanda, por diante de canles moi prestixiosas, como as emisoras francesas TF1, France 2 etc.