Saltar ao contido

Rolls-Royce Eagle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rolls-Royce Eagle
Tipomotor V-12 de pistóns
FabricanteRolls-Royce Limited
Primeiro encendidofebreiro de 1915
Principais aplicaciósAirco D.H.4
Vickers Vimy
N.º construídos4 681
Desenvolvido enRolls-Royce Falcon

O Rolls-Royce Eagle foi o primeiro motor de aviación desenvolvido por Rolls-Royce Limited. Introducido en 1915 para cumprir cos requisitos militares británicos durante a primeira guerra mundial, foi usado para impulsar os bombardeiros Handley Page Type O e outros avións militares.

O Eagle foi o primeiro motor en facer un cruzamento transatlántico sen escalas cando dous Eagles impulsaron un bombardeiro Vickers Vimy modificado no voo transatlántico de Alcock r Brown en xuño de 1919.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Ao comezar a primeira guerra mundial en agosto de 1914, a Royal Aircraft Factory solicitou a Rolls-Royce desenvolver un novo motor refrixerado por aire de 200 cabalos. A pesar das reticencias iniciais accederon coa condición de que estivese refrixerado por auga en vez de por aire, xa que esa era a área de espcialización da empresa.[1]

Deseño e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O desenvolvemento do novo motor de 20 litros estivo a cargo de Henry Royce dende a súa casa en Kent. Baseado inicialmente no motor de 7,4 litros 40/50 Rolls-Royce Silver Ghost, e inspirado tamén polo deseño dun motor de aviación de 7,2 litros Daimler DF80 usado nun Grand Prix Mercedes en 1913 que fora mercado, a potencia incrementouse dobrando o número de cilindros ata 12 e incrementando a súa carreira ata os 170 mm, aínda que a súa ánima seguiu sendo de 110 mm, igual que no 40/50. O motor tamén funcionaba máis rápido, e deseñouse un reductor epicicloidal para manter a velocidade da hélice por debaixo de 1 100 rpm. Para reducir a inercia e mellorar o rendemento o deseño do tren de válvulas cambiouse de válvulas lateriais a un deseño SOHC,[2] seguindo de preto a filosofía orixinal de deseño de balancín de "rañura lateral" usada nos motores contemporáneos alemáns Mercedes D.I, Mercedes D.II e Mercedes D.III.

O 3 de xaneiro de 1915 o Almirantado pediu 25 dos novos motores. O primeiro acendido do Eagle nun banco de probas nas instalacións de Rolls-Royce en Derby foi en febreiro de 1915, producindo 225 cabalos a 1 600 rpm. Esta incrementouse rapidamente ata 1 800, e en agosto de 1915 chegou a 2 000 rpm producindo 300 cabalos. Tras máis probas, decidiuse aprobar o motor para produción a 1 800 rpm e 225 cabalos, permitíndose 1 900 rpm para curtos períodos. O motor voou por primeira vez nun bombardeiro Handley Page O/100 en decembro de 1915, sendo o primeiro voo dun motor de aviación de Rolls-Royce.

O Eagle desenvolveuse aínda máis durante 1916 e 1917, incrementándose progresivamente a potencia de 225 ata 266 cabalos, despois ata 284, 322, e finalmente 360 cabalos en febreiro de 1918, momento no que se produciran oito variantes do Eagle.[3] Ao longo da primeira guerra mundial Rolls-Royce loitou por fabricar Eagles nas cantidades solicitadas pola Oficina de Guerra, pero a compañía resistiu a presión para licenzar a outros fabricantes a súa construción, temendo que a calidade tan admirada do motor se arriscase a verse comprometida.[4]

Tras a guerra desenvolveuse unha versión Mark IX do Eagle para uso civil. A produción continuou ata 1928, fabricándose un total de 4 681 motores Eagle.[5]

O tempo entre as revisións nos últimos Eagle estaba entre as 100 e 180 horas.[3]

Applicacións

[editar | editar a fonte]
  1. Pugh 2001, p.71
  2. Pugh 2001, p.72
  3. 3,0 3,1 Gunston 2006, p.186
  4. Pugh 2001, p.79-86
  5. Lumsden 2003, p.183

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gunston, Bill. World Encyclopedia of Aero Engines. Sutton Publishing, 2006.
  • Lumsden, Alec. British Piston Engines and their Aircraft. Marlborough, Wiltshire: Airlife Publishing, 2003. ISBN 1-85310-294-6.
  • Pugh, Peter. The Magic of a Name - The Rolls-Royce Story: The First 40 Years. Duxford, Cambridge: Icon Books, 2001. ISBN 1-84046-151-9.