Saltar ao contido

Vickers Vernon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vickers Vernon
Imaxe
 Instancia de
 Uso
Implicados
 Fabricante
Características
 Total producido
55 Editar o valor en Wikidata
 Configuración da á
Datas
 Retiro do servizo
1927 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/08fq_d Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Vickers Vernon foi un biplano británico de transporte de tropas[1] usado pola Royal Air Force. Entrou en servizo no ano 1921 e foi o primeiro transporte dedicado de tropas da RAF.

O Vernon desenvolveuse a partir do Vickers Vimy Commercial, unha variante de pasaxeiros do famoso bombardeiro Vickers Vimy, e estaba equipado con dous motores Napier Lion ou Rolls-Royce Eagle VIII.[1] Fabricáronse un total de 55 unidades.

En febreiro de 1923, Vernons dos escuadróns 45 e 70 da RAF transportaron preto de 500 soldados a Kirkuk, Iraq,[2] despois de que a zona civil da cidade fose invadida por forzas kurdas. Esta foi a primeira ponte aérea estratéxica da historia.[3]

Os Vernons do escuadrón 45 tiñan portabombas e miras instaladas.[4] En maio de 1924 o escuadrón foi designado oficialmente No. 45 (Bombing) Sqdn.[5]

Os Vernons foron substituídos por Vickers Victoria a partir de 1927.

Variantes

[editar | editar a fonte]
Vernon Mk I
transporte militar impulsado por dous motores de pistón Rolls-Royce Eagle VIII de 360 cabalos.
Vernon Mk II
transporte militar impulsado por dous motores de pistón Napier Lion II de 450 cabalos.
Vernon Mk III
transporte militar impulsado por dous motores de pistón de alta compresión Napier Lion III de 525 cabalos.
  1. 1 2 Thetford 1962, p. 443
  2. Wragg 1986, p. 13
  3. Johnson & Cozens 1984, p. 38
  4. Embry 1976, p. 34
  5. Moyes 1964, p. 67

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Embry, Basil (1976). Mission Completed. London: White Lion. ISBN 0-7274-0260-9.
  • Johnson, Brian; Cozens, H. I. (1984). Bombers The Weapon of Total War. London: Methuen. ISBN 0-423-00630-4.
  • Moyes, Philip (1964). Bomber Squadrons of the R.A.F. and Their Aircraft. London: MacDonald. OCLC 796778515.
  • Thetford, Owen (1962). Aircraft of the Royal Air Force since 1918. London: Putnam. OCLC 213505944.
  • Wragg, David (1986). Airlift A History of Military Air Transport. Shrewsbury: Airlife. ISBN 0-906393-61-2.