Airco DH.16
Airco DH.16 | |
---|---|
Fabricante | Airco |
Deseñado por | Geoffrey de Havilland |
Primeiro voo | 1919 |
Introducido | 1919 |
Retirado | 1923 |
Principais usuarios | Aircraft Transport and Travel |
Unidades construídas | 9 |
O Airco DH.16 foi un avión comercial biplano de catro asentos da década de 1910, deseñado por Geoffrey de Havilland, o deseñados xefe de Airco.
Historia[editar | editar a fonte]
O DH.16 foi un re-deseño do Airco DH.9A cunha fuselaxe máis ancha, acomodando unha cabina pechada para catro pasaxeiros, ademais do piloto nunha cabina aberta. En marzo de 1919 o prototipo realizou o seu primeiro voo no aeródromo de Hendon. Fabricáronse nove avións, sendo entregados oito deles a Aircraft Transport & Travel Limited (AT&T). AT&T usou o primeiro deles para voos de placer, e posteriormente o 25 de agosto inaugurou un servizo entre Londres e París. Un avión foi vendido á River Plate Aviation Company da Arxentina, para operar entre Buenos Aires e Montevideo.
AT&T operou o servizo de Londres a París, ademais dun entre o aeroporto de Croydon e Ámsterdam en nome de KLM. O 17 de maio de 1920 un DH.16 de AT&T (G-EALU) realizou o primeiro servizo de KLM entre Londres e Amsterdam. En decembro de 1920 AT&T pechou e os sete avións superviventes foron almacenados. Dous deles serían usados posteriormente para voos de entrega de xornais, e os outros cinco foron desgüazados. O 10 de xaneiro de 1923 un dos dous que seguían voando tivo un accidente mortal e os DH.16 serían retirados e desgüazados.