Roland Møller
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de maio de 1972 Odense, Dinamarca |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Actuación |
| Ocupación | actor, cantante |
| Período de actividade | 2010 |
| Premios | |
| |
Roland Greisen Moller, nado en 1972 en Odense, é un actor, compositor, profesor e comentarista social[1] danés. Gañou en 2016 o premio Bodil ao mellor actor pola película Under sandet.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano 2000, apareceu como rapeiro na banda sonora da película infantil Mirakel baixo o sobrenome artístico de Dappa Don, xunto con Den Gale Pose, Szhirley e L. O. C. coa canción "Generation W", que posteriormente apareceu no álbum de Den Gale Pose Definitionen af en stodder (2001).
Roland Møller medrara no ambiente criminal de Odense e estivera na cadea varias veces ata 2002, totalizando catro anos e medio de condena por dez atracos[2]. Aparece semanalmente no programa Politiradio de Radio24Syv, onde adoita falar sobre o crime e o castigo, en especial dirixíndose a mozos que están en risco de entrar no mundo da delincuencia[3].
Carreira cinematográfica
[editar | editar a fonte]Tras a súa derradeira estada na prisión de Horsens en 2002 logrou un contrato como compositor do rapeiro Jokeren, entrando en contacto coa industria cinematográfica[4][5]. En 2006 escribiu a canción "De frie købmænd" de Jokeren e Mark Linn para a película Fidibus.
O seu debut cinematográfico foi en 2010 co drama carcerario R dirixido por Tobias Lindholm e Michael Noer. Dous anos despois, dirixiuno de novo Lindholm no multipremiado Kapringen. Pola súa interpretación en Nordvest de Michael Noer logrou o premio Bodil ao mellor actor secundario. O seu primeiro papel protagonista foi en Under sandet, interpretando ao sarxento Rasmussen, co que logrou ao premio Bodil ao mellor actor.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Filme | Papel | Data |
|---|---|---|
| R | Mureren | 2012 |
| Kapringen | Jan Sørensen | 2013 |
| Nordvest | Bjørn | 2013 |
| For det fælles bedste | Kok | 2014 |
| Skammerens Datter | Hannes, våbenmesterens assistent | 2015 |
| Under sandet | Sgt. Carl Leopold Rasmussen | 2015 |
| En chance til | Mand på klub | 2015 |
| Undercover | Mick | 2016 |
| Atomic Blonde | Bremovych | 2017 |
| Underverden | Claus | 2017 |
| Papillon | Celier | 2017 |
| The Commuter | Jackson | 2018 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Generation X". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2018. Consultado o 09 de xullo de 2018.
- ↑ Fra voldsmand til skuespiller: Danskerne peger fingre af udsatte børn Arquivado 14 de decembro de 2015 en Wayback Machine., 11 de marzo de 2015, tv2.dk,
- ↑ "The rehabilitation of Roland Møller" Arquivado 09 de xullo de 2018 en Wayback Machine., The Murmur
- ↑ »Vis dog det unge bandemedlem, at en rigtig mand kører sine børn i børnehave« Arquivado 15 de xullo de 2015 en Wayback Machine.. Politiken, 25 de xaneiro de 2014
- ↑ Skuespiller: Jokeren var den første, der gav mig en chance Arquivado 15 de xullo de 2015 en Wayback Machine., Politiken 21 de abril de 2013