Roger Ducret

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoger Ducret

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de abril de 1888 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xaneiro de 1962 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor em Wikidata
Participou en
1928Xogos Olímpicos de 1928
1924fencing at the 1924 Summer Olympics – men's team foil (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1924fencing at the 1924 Summer Olympics – men's épée (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1924fencing at the 1924 Summer Olympics – men's team épée (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1924fencing at the 1924 Summer Olympics – men's sabre (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1924fencing at the 1924 Summer Olympics – men's foil (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1920fencing at the 1920 Summer Olympics – men's foil (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1920fencing at the 1920 Summer Olympics – men's team foil (en) Traducir  (medalla de prata olímpica) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Delagrange-64

Roger François Ducret, nado en París o 2 de abril de 1888 e finado na mesma cidade o 8 de xaneiro de 1962, foi un tirador de esgrima francés, gañador de oito medallas olímpicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Especialista nas tres modalidades de esgrima: florete, espada e sabre, participou aos 32 anos nos Xogos Olímpicos de 1920 celebrados en Antuerpen, gañando a medalla de prata na proba por equipos e a medalla de bronce na proba individual de florete. Participou tamén na proba individual de espada, aínda ben que non tivo éxito. Nos Campionatos do Mundo de 1923 levou unha medalla de bronce en espada individual, a única da súa carreira nestas competicións. Nos Xogos Olímpicos de 1924 de París converteuse no gran vencedor da esgrima, ao gañar cinco medallas nas cinco probas disputadas: a medalla de ouro nas probas de florete individual e por equipos, así como na proba de equipos de espada; e a medalla de prata na proba individual de espada e na individual de sabre. Nos Xogos Olímpicos de 1928 de Ámsterdan logrou gañar unha nova medalla de prata na proba por equipos na modalidade de florete, finalizando quinto na proba de sabre por equipos, oitavo en sabre individual e noveno en florete individual.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]