Rodrigo Álvarez Gantes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de maio de 1904 Ponteceso, España |
Morte | 23 de febreiro de 1937 (32 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Rodrigo Álvarez Gantes, nado en Ponteceso o 27 de maio de 1904[1] e finado en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1937, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do garda civil Domingo Álvarez Fernández, natural do Navallo (provincia de Ourense), e de Carmen Gantes Palleiro, natural de San Cristovo. Trasladouse coa familia a Santiago de Compostela, onde estudou Maxisterio na Escola Normal.
Foi mestre de Meixide (Palas de Rei) ata 1934. Destinado na escola de pósito de pescadores de Escarabote, militante de Izquierda Republicana, foi concelleiro en Boiro logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de agosto e, posteriormente, detido co tamén mestre José Caballero Rubio. Foi xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra e condenado a morte. Foi fusilado o 23 de febreiro de 1937 xunto co seu compañeiro de corporación Juan Outeiral. Con eles tamén foron fusilados José Maceiras, Santiago Miranda, Ramón Lojo, Bautista Torrado e Braulio Castro.
O seu irmán Enrique, que exercía como mestre en Carballo foi destituído o 17 de agosto de 1938, e a súa irmá Clarisa, mestra de Landeira (Negreira), foi suspendida de emprego e soldo por seis meses.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 92.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Rodríguez Gallardo, Antón (29-9-2006). "Represión contra catro concelleiros da República". La Voz de Galicia: Barbantia L8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Rodrigo Álvarez Gantes na páxina web Nomes e Voces.
- Carta de Rodrigo ao seu irmán Enrique a véspera da súa execuciónArquivado 24 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.