Roberto Rodríguez Araya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Roberto Rodríguez
Rodriguez, Roberto Greuther Fürth 15-16 WP.jpg
Información persoal
Nome Roberto Rodríguez Araya
Nacemento 28 de xullo de 1990
Lugar de nacemento Zürich
Altura 1,80 m.
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual FC Schaffhausen
Carreira xuvenil
Grasshopper
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2011 FC Wil 54 (4)
2011–2013 AC Bellinzona 23 (8)
2013–2015 FC St. Gallen 58 (11)
2015–2016 Novara Calcio 11 (1)
2016Greuther Fürth (cedido) 4 (0)
2016–2019 FC Zürich 69 (16)
2019–2020 KFC Uerdingen 05 43 (5)
2020– FC Schaffhausen 10 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 21 de abril de 2021.
editar datos en Wikidata ]

Roberto Rodríguez Araya, nado en Zürich o 28 de xullo de 1990, é un futbolista suízo, de orixes galega e chilena. Xoga de centrocampista no FC Schaffhausen.

É o irmán maior dos futbolistas Ricardo e Francisco Rodríguez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Zürich, sendo fillo de José Manuel Rodríguez, un emigrante galego de Crecente, e de Marcela, unha chilena de Viña del Mar.[1][2] Criouse na canteira do Grasshopper e no 2009 fichou polo FC Wil, da Challenge League (segunda división do fútbol suízo). Xogou logo dous anos no AC Bellinzona e outros dous no FC St. Gallen, debutando con este último na Super Liga suíza e na UEFA Europa League, ata que no 2015 saíu por primeira vez a un equipo estranxeiro, fichando polo Novara Calcio da Serie B italiana. Na segunda parte da súa campaña en Italia foi cedido ao SpVgg Greuther Fürth, da segunda división alemá.

Na tempada 2016/17 fichou polo FC Zürich da súa cidade natal. Converteuse rapidamente nun fixo das aliñacións do equipo e acadou o ascenso á máxima categoría esa mesma tempada. No 2018 conquistou a Copa de Suíza tras derrotar na final ao Young Boys.[3]

No mercado invernal da tempada 2018/19 marchou de novo a Alemaña, para xogar no KFC Uerdingen 05, da terceira división. No 2020 regresou a Suíza, fichando xunto a seu irmán Francisco polo FC Schaffhausen.[4][5]

Palmarés[editar | editar a fonte]

FC Zürich

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gómez, Pablo (23 de novembro de 2009). "«Es un orgullo para Suiza que seamos hijos de emigrantes»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2021. 
  2. Bernardo, J. (8 de abril de 2016). "Sangre gallega para batir a Navas". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2021. 
  3. "Final da Copa de Suíza 2018". soccerway.com (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2021. 
  4. "Rodriguez-Brüder verstärken den FC Schaffhausen" (en alemán). 9 de setembro de 2020. Consultado o 18 de maio de 2021. 
  5. "FC Schaffhausen holt gleich zwei Rodriguez-Brüder" (en alemán). 9 de setembro de 2020. Consultado o 18 de maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]