Roberto Taboada Rivadulla
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de abril de 1953 (71 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Roberto Jesús Taboada Rivadulla, nado en Pontevedra o 30 de abril de 1953, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomado en Maxisterio, traballou na Cidade Infantil Príncipe Felipe e foi membro do Consello de Administración de CRTVG.
Militante socialista desde 1981, foi elixido concelleiro de Pontevedra en 1987 na candidatura de Gonzalo Adrio Barreiro. Nos comicios electorais de 1991 e 1999 foi candidato á alcaldía, e saíu elixido de novo concelleiro. Amais, foi deputado no Parlamento de Galicia na III e IV lexislaturas (1989-1997). Tras as eleccións de 1999 o PSdG apoiou o goberno de Miguel Anxo Fernández Lores como alcalde do BNG. Retirouse da política en 2002, meses antes das eleccións municipais, por mor dun derramo cerebral.
Na década de 1980 cultivou a pintura, o deseño e o debuxo. En 1982 deseñou o cartel das Festas da Peregrina de Pontevedra, e foi seleccionado no II Certame Galego de Artes Plásticas. Como escritor foi finalista do Premio de Xornalismo Julio Camba en 1982. Trala súa retirada da política, adícase á escritura e foi comisario de diversas exposicións.
Obra
[editar | editar a fonte]- O carballo e a súa historia: Pontevedra e a madeira (2008)
- O monumento ós heroes de Pontesampaio e o seu contorno (2009; xunto a Arturo Hermida Samartín)
- Fuentes de hierro pontevedresas (2010; xunto a Enrique Sotelo Resurrección)
- 30 años de corporaciones municipales en Pontevedra (2010)
- Mi familia (2014)
- Das feiras aos gabinetes. A fotografía en Pontevedra 1865-1960 (2015)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "No puede hablar, leer ni escribir, pero se defiende" Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en El Correo Gallego, 7 de maio de 2011 (en castelán).
- "Roberto Taboada abre un álbum de fotos históricas na Casa da Luz", artigo en Pontevedra Viva, 8 de maio de 2013.