Robert W. Woolley
Robert W. Woolley en 1917 Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1915-1916) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1871 Lexington. Kentucky. |
Morte | 15 de decembro de 1958 (87 anos) Frankfort. Kentucky. |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade de Kentucky. Universidade de Fordham. |
Actividade | |
Ocupación | Político e alto funcionario. |
Partido político | Partido Demócrata |
Robert Wickliffe Woolley, nado en Lexington, Kentucky, o 29 de abril de 1871 e finado en Frankfort, no mesmo Estado, o 15 de decembro de 1958, foi un político demócrata estadounidense que ocupou a dirección da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1915 e 1916.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Woolley naceu en Lexington, no condado de Fayette, Kentucky, o 29 de abril de 1871,[1] fillo de Lucy McCaw e de Franklin Waters Woolley, nunha familia de tradición política.[2]
Cursou estudos superiores na Universidade de Kentucky entre 1886 e 1887, e na Universidade de Fordham entre 1887 e 1889.[1][2]
Carreira xornalística
[editar | editar a fonte]Posteriormente traballou como reporteiro en diversos xornais, como o Lexington Leader (1893), o Chicago Trubune (1896-1897) e o New York Word (1897-1905 e 1907-1909),[1] e colaborou na fundación do Club Nacional de Prensa.[2]
Carreira política
[editar | editar a fonte]Woolley era un membro activo do Partido Demócrata e exerceu como director de publicidade da Convención Nacional Demócrata en 1912. Entre 1913 e 1915 foi auditor do Tesouro no Departamento de Interior.[1][2]
En 1915 foi nomeado polo presidente Woodrow Wilson director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, e dirixiu o proceso de emisión das moedas conmemorativas da Exposición Panamá-Pacífico, en San Francisco.[2] En 1916 renunciou a este cargo para participar na campaña de reelección do presidente Wilson, durante a que presidiu a Oficina de Publicidade do Comité Nacional Demócrata.[1] A el atribúeselle o éxito do slogan "Con honra, mantívonos fóra da guerra".[2]
En 1916 foi membro da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos.[3]
En 1911 Woolley foi o investigador xefe do Comité Stanley, que investigou o asunto da U.S. Steel Corporation e amosouse crítico coa política enerxética dos EEUU.[4] Tamén foi membro do Comité Interestatal de Comercio entre 1917 e 1921.[1][2]
Posteriormente exerceu a avogacía no despacho Esch, Kerr, Woolley & Shipe, entre 1929 e 1934, e participou como delegado nas Convencións Nacionais Demócratas de 1936 e de 1940.[1][5]
Vida familiar
[editar | editar a fonte]Robert W. Woolley casou o 20 de abril de 1900 con Marguerite Holmes Trenholm (1878-1936), con quen tivo catro fillas;[1] unha delas, Frances (1914-2003) foi a nai do futuro gobernador de Virxinia Charles S. Robb.[6]
Woolley morreu en Frankfort, Kentucky, e foi soterrado no cemiterio de Fairfax, Virxinia.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Smith, P. (2012).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Robert Wickliffe Woolley". En Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxinas 156-157.
- ↑ The Numismatist. Maio de 1916. Páxina 226.
- ↑ Woolley, R. W. (1920). "What Fuel Conservation Means to America". En The Annals of the American Academy of Political and Social Science. Vol. 87. Xaneiro. Páxinas 112-117.
- ↑ "Robert Wickliffe Woolley". En Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxinas 156-157.
- ↑ 6,0 6,1 "Robert Wickliffe Woolley". Findagrave.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert W. Woolley |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Medals of the United States Mint. US Government Printing Office.
- Smith, P. (2012). "Woolley, Robert Wickliffe". En American Numismatic Biographies. Páxina 392.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: George E. Roberts |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos 1915-1916 |
Sucesor: F. H. von Engelken |