Robert Urich
Robert Urich | |
---|---|
Nacemento | 19 de decembro de 1946 |
Lugar | Toronto |
Falecemento | 16 de abril de 2002 |
Lugar | Thousand Oaks |
Causa | cancro |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educado en | Universidade do Estado da Flórida e Michigan State University |
Cónxuxe(s) | Heather Menzies |
Profesión | actor de cinema, actor de teatro, actor de televisión, produtor de cine e produtor de televisión |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Robert Urich, nado o 19 de decembro de 1946 en Toronto (Ohio) e finado o 16 de abril de 2002 en Thousand Oaks, foi un actor estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Urich naceu nunha familia de orixe rutena e eslovaca, entrou na Universidade Estatal de Florida cunha bolsa atlética de fútbol americano, graduándose en comunicacións radiotelevisivas, completando os seus estudos na Universidade Estatal de Michigan, como actor comezou a aparecer en episodios de series de televisión en 1972. Protagonizou Bob & Carol, & Ted & Alice (1973), unha versión televisiva do filme do mesmo nome que se cancelou aos dous meses de emisión. Urich fíxose popular pola serie S.W.A.T. (1975-1976) onde deu vida ao oficial Jim Street, participou tamén na comedia de situación Soap (1977) e en Tabitha (1977). Na década de 1980 protagonizou a serie de detectives Vega$ (1978–1981), o filme de ciencia ficción The Ice Pirates (1984) e a serie policíaca Spenser: For Hire (1985–1988). En 1996 mentres protagonizaba a serie The Lazarus Man descubrise que tiña sarcoma sinovial, un raro tipo de cancro, e Urich pasou os últimos anos da súa compaxinando o tratamento contra a enfermidade coa súa carreira.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Actor Robert Urich dead at 55". CNN. April 16, 2002.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Robert Urich na IMDb (en inglés).
- Actores de Ohio
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Produtores de televisión
- Nados no condado de Jefferson, Ohio
- Nados en 1946
- Finados en 2002
- Estadounidenses de ascendencia eslovaca
- Estadounidenses de ascendencia rutena