Robert Morton Nance
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1873 ![]() Cardiff, Reino Unido ![]() |
Morte | 1959 ![]() Hayle, Reino Unido ![]() |
Lugar de sepultura | Cornualla ![]() |
Gran Bardo | |
1934 – 1959 ← Henry Jenner – E. G. Retallack Hooper → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, escritor ![]() |
Membro de |
Robert Morton Nance, nado en Cardiff o 10 de abril [1] de 1873 e finado en Hayle o 28 de maio de 1959, foi un pintor, lingüista e escritor córnico, pioneiro do rexurdimento da lingua córnica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Naceu en Gales de pais córnicos e en 1878 a súa familia transladouse a Penarth. Estudou arte na Cardiff School of Art e en Bushey con Hubert von Herkomer. En 1898 publicou o seu primeiro libro de poesía en inglés The Merry Ballad of the Cornish Pasty. Logo da morte da súa muller en 1902 viviu un tempo en París perfeccionando a súa técnica. Pintou sobre todo estudos de batallas navais, pero raramente expuxo a súa obra [2]. Mudouse en 1906 a Cornualla establecéndose na aldea de Nancledra, preto de St Ives Fundou en 1920 co seu mestre Henry Jenner a Old Cornwall Society en St Ives, e en 1924 foi un dos fundadores da Federation of Old Cornwall Societiese e do seu órgano Old Cornwall (1925). En 1928 instituíu en Boscawen-Un o Gorsedh Kernow, o festival da lingua córnica, e alí adoptou como Bardo, o pseudónimo "Mordon" . De 1951 a 1955 foi presidente da Royal Institution of Cornwall.
Escribiu diversos libros sobre a lingua córnica. En 1929 publicou Cornish for All, un método para a aprendizaxe da lingua segundo o modelo do córnico unificado, da súa creación, afastándose do modelo de Henry Jenner. O seu sistema supuxo unha nova xeira no proceso de revitalización da lingua, ao aplicarse a súa ortografía á lingua falada[3]. Pero a súa principal realización foi o dicionario córnico, que aínda se considera un instrumento fundamental para o coñecemento do idioma. Compuxo moitos versos en córnico, como Lyver an Pymp Marthus Seleven (1939) e Nyns Yu Marow Myghtern Arthur, unha obra de carácter especificamente revivalista, no que tratou o tema, moi popular en Cornualla, da lendaria inmortalidade do rei Artur.
Tamén foi un arqueólogo mariño, un dos fundadores da Society for Nautical Research en 1911 e publicou en 1924 o libro Sailing-Ship Models.
Obra
[editar | editar a fonte]- 1912 Britain's Sea Story, con Speight
- 1923: A Glossary of Celtic Words in Cornish Dialect. Falmouth: Royal Cornwall Polytechnic Society
- 1924: Sailing-ship Models: a selection from European and American collections with introductory text. Londres: Halton and Truscott Smith
- 2ª ed. Londres; Nova York: Halton, 1949
- Classic Sailing-ship Models in Photographs. Reimpresión: Dover Publications, Mineola, NY, 2000
- 1929: Cornish for All. Federation of Old Cornish Societies
- 1938: Gerlyver noweth Kernewek ha Sawsnek. Federation of Old Cornish Societies
- 1952: An English-Cornish Dictionary. Federation of Old Cornwall Societies
- 1956: The Cledry Plays: drolls of Old Cornwall for village acting and home reading. Federation of Old Cornwall Societies
- 1961: Cornish for All: a guide to Unified Cornish. Federation of Old Cornwall Societies.
- [n.d.]: A Guide to Cornish Place-names; with a list of the words contained in them. Federation of Old Cornwall Societies. (tres edicións, anterior a 1971.)
- 1990: Gerlyver noweth Kernewek-Sawsnek ha Sawsnek-Kernewek = A new Cornish-English and English-Cornish dictionary Federation of Old Cornwall Societies (combinación de Gerlyver noweth Kernewek ha Sawsnek e An English-Cornish Dictionary)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nance, Robert Morton" Oxford Dictionary of National Biography
- ↑ "Robert Morton Nance" Cornwall Artists Index
- ↑ Mari C. Jones (1998) Language Obsolescence and Revitalization: Linguistic Change in Two Sociolinguistically Contrasting Welsh Communities Clarendon Press, p. 339