Henry Jenner
Henry Jenner | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de agosto de 1848 |
Lugar de nacemento | Cornualla |
Falecemento | 8 de maio de 1934 |
Lugar de falecemento | Hayle |
Soterrado | Lelant |
Nacionalidade | Reino Unido |
Ocupación | bibliotecario, tradutor, arqueólogo e tradutor da Biblia |
Pai | Henry Jenner |
Cónxuxe | Kitty Lee Jenner |
Premios | Fellow of the Society of Antiquaries |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Henry Jenner, nado en St Columb Major o 8 de agosto de 1848 e finado o 8 de maio de 1934 foi un investigador das linguas celtas, escritor e activista cultural córnico. Foi o impulsor do rexurdimento da lingua córnica.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Henry Lascelles Jenner, sacerdote anglicano que máis tarde acadaría a dignidade de bispo e neto do xuíz Herbert Jenner-Fust.[1] En 1869 Jenner logrou un posto como empregado da división de sucesións do Tribunal Superior e dous anos despois empezou a traballar no departamento de manuscritos antigos do Museo Británico.
Lingua córnica[editar | editar a fonte]
Interesado nas linguas célticas, leu varias disertacións na Sociedade Filolóxica de Londres sobre o córnico entre 1873 e 1876 e tamén sobre outras linguas celtas, en especial o manx. En 1877 descubriu, mentres traballaba no Museo Británico, corenta e dúas liñas dunha obra medieval escrita en córnico arredor do ano 1450, coñecida como Keynskrif an Chartour ou The Charter Fragment.
En 1901 fundou con L. C. R. Duncombe-Jewell a primeira sociedade da lingua córnica "Cowethas Kelto-Kernuak". En 1904 publicou A Handbook of the Cornish Language, obra considerada o inicio do rexurdimento córnico. A súa versión de córnico baseábase na fala do oeste de Cornualla no século XVIII non obstante o seu discípulo Robert Morton Nance orientaríaa máis tarde cara ao córnico medieval. Na edición de 2010, Michael Everson publicou unha nova edición con tres ensaios publicados anos antes e varias tarxetas de nadal e ano novo con versos en córnico e inglés.[2]
De ideas políticas conservadoras e xacobitas, foi chanceler da Order of the White Rose, formada por simpatizantes dos Stuart e tamén apoiou o xornal The Royalist, que se publicou entre 1890 e 1905.[3]
Despois de traballar no Museo Británico durante máis de corenta anos en 1909 Jenner e a súa dona Kitty[4] establecéronse en Hayle, a cidade natal da súa esposa, e en xaneiro de 1912 converteuse en bibliotecario da Morrab Library, un posto que ocupou ata 1927. Tamén actuou como presidente da Royal Cornwall Polytechnic Society e da Royal Institution of Cornwall.[5] e foi Gran Bardo da Gorsedh Kernow de 1928 a 1934 utilizando o nome bárdico de Gwas Myha. Contribuíu a Catholic Encyclopedia con artigos sobre ritos litúrxicos católicos.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Obituario. The Times. 10 de maio de 1934.
- ↑ Jenner, Henry. 2010. Henry Jenner's Handbook of the Cornish Language Revised by Michael Everson. Cathair na Mart: Evertype. ISBN 978-1-904808-37-4
- ↑ P. W. Thomas (maio de 2005). Oxford Dictionary of National Biography, ed. Henry Jenner.
- ↑ Peter W. Thomas, "Jenner, Henry (1848–1934)", Oxford Dictionary of National Biography, online edn,[1].
- ↑ Peter W. Thomas, 'Jenner, Henry (1848–1934)', Oxford Dictionary of National Biography, online edn, Oxford University Press, May 2005 [2]
- ↑ Articles on the Liturgical use of Creeds, the Celtic Rite [3], Mozarabic Rite [4], East Syrian Rite [5], Ambrosian Liturgy and Rite [6], the Gallican Rite [7] at the Catholic Encyclopedia.