Robert Moog
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de maio de 1934 Nova York, Estados Unidos de América |
| Morte | 21 de agosto de 2005 Asheville, Estados Unidos de América |
| Causa da morte | cancro de cerebro |
| Lugar de sepultura | Asheville |
| Educación | Queens College Escola de Engenharia e Ciências Aplicadas da Fundação Fu (pt) Berklee College of Music Cornell University College of Engineering (en) Universidade Cornell Bronx High School of Science |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Música electrónica |
| Ocupación | inventor, músico, profesor universitario, fabricante de instrumentos musicais |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Familia | |
| Parentes | Bill Moog, curmán segundo Florence Emma Moog, tía |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Robert Moog, nado en Nova York o 23 de maio de 1934 e finado en Asheville (Carolina do Norte) o 21 de agosto de 2005, foi un inventor, músico e enxeñeiro estadounidense. Xunto co compositor Herbert Deutsch inventou o moderno sintetizador, o Moog, presentado nun congreso en 1964.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O primeiro Moog era monofónico (o que imposibilitaba a creación de acordes) e precisaba ser afinado constantemente, pois era analóxico. Creou a empresa Moog Music Inc., na cal foran producidos os sintetizadores utilizados por artistas como Wendy Carlos (na banda sonora de A Clockwork Orange) e polo grupo de rock progresivo Emerson, Lake & Palmer, polo tecladista Keith Emerson. Lanzou posteriormente o Minimoog, o máis vendido da empresa en todos os tempos. Inventou o Moog Taurus, un sintetizador para ser tocado cos pés, para ser utilizado como un contrabaixo, o Vocoder (ligado a un micrófono, permitía a alteración na voz), o Polymoog, de 1976, polifónico e que viña con sons gravados de fábrica, e o Moog Liberation, teclado que permitía ser colocado no usuario como unha guitarra, alén do Memorymoog, que permitía a gravación de sons polo tecladista.
Non se limitou apenas a tecnoloxía do sintetizador, tamén inventou outros instrumentos, como o theremin (instrumento musical electrónico que é executado movéndose as mans preto dunha antena, moi usado en filmes de ciencia ficción e horror), pola Big Briar, empresa que fundou ao se retirar da Moog.