Robert Kovač

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Kovač
Información persoal
Nome Robert Kovač
Nacemento 6 de abril de 1974
Lugar de nacemento Berlín Oeste
Altura 1,82
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Bayer Leverkusen
Na rede
FIFA: 179049 UEFA: 40176 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Robert Kovač, nado en Berlín (Alemaña) o 6 de abril de 1974, é un exfutbolista croata. Xogaba de defensa central, sendo considerado como un dos mellores na súa posición na súa época.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de pais bosníaco-croatas, Kovač iniciouse no Rapid Wedding. Tras pasar polo Hertha Zehlendorf (1994-95), fichou polo 1. FC Nürnberg (1995-96), club co que debutou na Fußball-Bundesliga. En 1996 marcha cara o Bayer Leverkusen. Tras un excelente rendemento o Bayern Múnic faise cos seus servizos no ano 2001. Case dende o comezo farase cun posto no once titular do club bávaro, facendo unha gran contribución aos triunfos do Bayern tanto na liga coma na copa de Alemaña.

Dotado dun gran poderío físico a pesar da súa relativamente baixa estatura para a demarcación que ocupaba, tamén tiña unha magnífica colocación e unha boa técnica.

Selección[editar | editar a fonte]

Nado en Berlin, coma o seu irmán máis vello, Niko. Formaron parte dunha serie de xogadores da selección croata cun lugar de nacemento distinto ó país que representan.

Participou nos mundiais de Corea e o Xapón do 2002 e Alemaña no 2006. Tamén estivo nas Eurocopas do 2004 e 2008.

Tanto con Croacia coma co Bayer Leverkusen e Bayern Múnic foi compañeiro de equipo do seu irmán máis vello,Niko.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]