Richard Mentor Johnson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Richard Mentor Johnson
Richard Mentor Johnson A29919.jpg
Nacemento17 de outubro de 1780
Lugar de nacementoLouisville
Falecemento19 de novembro de 1850
Lugar de falecementoFrankfort
CausaIctus
SoterradoFrankfort Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónBaptismo
Alma máterTransylvania University
Ocupaciónpolítico e avogado
PaiRobert Johnson
NaiJemima Suggett
FillosAdaline Johnson Scott e Imogene Johnson Pence
IrmánsJohn Telemachus Johnson, Benjamin Johnson e James Johnson (Kentucky)
Na rede
WikiTree: Johnson-5003 Find a Grave: 2898 Editar o valor em Wikidata
Richard Mentor Johnson Signature.svg
editar datos en Wikidata ]
RichardJohnsonVP.jpg

Richard Mentor Johnson, nado en Louisville (Kentucky) o 17 de outubro de 1780 e finado en Frankfort (Kentucky) o 19 de novembro de 1850, foi un político dos Estados Unidos, que foi vicepresidente dos Estados Unidos durante o mandato de Martin Van Buren (1837–1841), foi o único vicepresidente elixido polo Senado dos Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Johnson entrou na Cámara de Representantes en 1806 polo Partido Demócrata-Repúblicano por Kentucky, aliouse con Henry Clay como membro da facción dos falcóns, partidarios da guerra co Gran Bretaña, e cando se declarou a Guerra de 1812, Johnson foi enviado como coronel no exército so o mando de William Henry Harrison no Alto Canadá e participou na Batalla do Thames. Despois da guerra volveu á Cámara de Representates e en 1819 a lexislatura nomeouno para o Senado para cubrir o escano que deixara vacante John J. Crittenden. Johnson matiña abertamente unha relación interracial con Julia Chinn, unha escrava mulata a quen trataba como a súa dona, recoñecendo legalmente aos dous fillos que tiñan en común, o que non era común na época e foi unha das causas da perda da relección en 1828 [1]. Pero ao ano seguinte volveu á Cámara de Representantes. En 1836 foi o candidato Demócrata á vicepresidencia na lista de Martin Van Buren, resultando gañadores pero a delegación de Virxinia no colexio electoral negouse a apoiar a Johnson, e tivo que ser o Senado o que o elixira vicepresidente. Non foi elixido para remudar o seu posto nas eleccións de 1840 e Van Buren fixo a campaña sen candidato á vicepresidencia, e Johnson presentouse á reelección en solitario pero ao igual que Van Buren non logrou revalidar o seu posto e volveu a Kentucky, foi deputado na Cámara de Representantes estatal en 1841-1843 e de novo en 1850 pouco antes de morrer.

Notas[editar | editar a fonte]