Ricardo Solla Lemos
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1913 Portugal |
| Morte | 17 de abril de 1937 Vigo |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
| Residencia | Canedo |
| Actividade | |
| Ocupación | zapateiro |
Ricardo Solla Lemos, nado en Portugal cara a 1913 e finado en Vigo o 17 de abril de 1937, foi un zapateiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Antonio Solla Lemos. Veciño de Canedo (Ponteareas). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo en Vigo por rebelión militar. Foi condenado a pena de morte e executado ás 11 horas do 17 de abril de 1937 con Rafael Lareo Mallo, Rogelio Arjones e Moisés Pereira Figueras, nas inmediacións do Castelo do Castro.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 18-4-1937, p. 7.