Saltar ao contido

Ricardo García Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRicardo García Lago
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1896 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de abril de 1978 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político Editar o valor en Wikidata

Ricardo García Lago, nado na Coruña o 20 de setembro de 1896 e finado na mesma cidade o 8 de abril de 1978,[1] foi un sanitario, sindicalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Afiliado ao Sindicato de Enfermeros, Camareros y Cocineros Marítimos La Cosmopolita nos anos 20. En 1921 foi detido por coacción. En abril de 1922 impartiu unha conferencia na Federación Obrera. Secretario da Confederación Regional Galaica desde finais de 1923, en substitución de José Suárez Duque, foi director de Solidaridad Obrera de 1923 a xaneiro de 1925. Membro do grupo anarquista Tierra e do grupo editor do periódico Tierra. Moi vixiado desde o inicio da Ditadura de Primo de Rivera, foi encarcerado en outubro de 1924 acusado de asasinar ao presidente da patronal ferrolá, sendo substituído nos seus cargos por Manuel Fandiño Ricart. Foi alumno de practicante en Santiago de Compostela nos anos 1924 e 1925. O 26 de marzo de 1925 asistiu á Asemblea rexional de Santiago, en representación da CNT da Coruña.

Enfermeiro ata 1929, aprobou as oposicións e comezou a traballar de practicante no Instituto Provincial de Hixiene e colaborou no seu Boletín. Foi elixido presidente do Colexio Oficial de Practicantes da Coruña en xullo de 1930. Moderou o seu ideario e achegouse a Casares Quiroga, amigo persoal, sen abandonar a militancia na CNT, que compaxinou coa da ORGA. En 1930 participou no Pacto de Lestrobe xunto aos cenetistas César Guillán Bozo e Manuel Fernández Fernández, como delegado da sección VIR da Coruña. O 24 de maio de 1935 impartiu unha conferencia no Centro de Estudios Sociales Germinal co tema "Germinal: tribuna libre". Ao crearse a Fronte Popular mostrouse afín a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expulsado do seu traballo en 1937 e pasou varios anos en prisión. Foi nomeado practicante auxiliar do Dispensario Antituberculoso da Coruña en 1940.[2] Despois foi practicante do Instituto Provincial de Sanidade, investigador de laboratorio e delegado rexional do Instituto de Microbioloxía de Madrid.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1918 con Palmira Muñiz Pérez, que finou en 1941,[3] e foi pai de Ricardo e María García Muñiz. Casou en segundas nupcias con Hortensia Espada San Vicente e foi pai de Hortensia García Espada.

  1. La Voz de Galicia, 4-4-1979, p. 70.
  2. BOE, 22-2-1940, p. 1320-1321.
  3. La Voz de Galicia, 6-4-1941, p. 7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]