Ricardo Feijoo Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRicardo Feijoo Torres
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xullo de 1956 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)

Ricardo Feijoo Torres, nado en Pompeán (Meis) cara a 1895 e finado en Vilagarcía de Arousa o 18 de xullo de 1956,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Industrial, dono da empresa de autobuses El Veloz. En 1923 foi elixido presidente do sindicato agrícola Los Previsores de Meis.[2] Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Meis en marzo de 1924.[3] Permaneceu no cargo até 1929. Militou na Unión Patriótica da que foi elixido presidente en xuño de 1924[4] e foi cabo do Somatén do distrito de Meis. Presentou a súa renuncia o 14 de xullo de 1928. En novembro dese ano foi nomeado carteiro en propiedade de Vilanoviña. Foi nomeado fiscal municipal de Meis en decembro de 1930. Coa proclamación da República foi nomeado presidente dun comité republicano de Meis. Foi correspondente de El Pueblo Gallego. Gañou o pazo de Señoráns de Abaixo propiedade dos irmáns Cea nunha partida de cartas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 intentaron asasinalo. En 1945 adheriuse a Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Foille adxudicado o servizo regular de transporte entre Pontevedra e Vilagarcía de Arousa en 1954.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Meis
 
1924 - 1929
Sucesor:
Servando Salgado Torres

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Roma Buceta en 1926,[5] e foi pai de Antonio, Carmen, Ricardo, María e Mercedes Feijoo Roma.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 19-7-1956, p. 11.
  2. Galicia, 2-2-1923, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 14-3-1924, p. 6.
  4. El Pueblo Gallego, 18-6-1924, p. 8.
  5. Diario de Pontevedra, 23-3-1926, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. pp. 167–168. ISBN 978-84-7680-692-0.