Ricardo Charlín
Richard Charlín | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Ricardo Charlín Rey | ||
Nacemento | 5 de xaneiro de 1960 (63 anos) | ||
Lugar de nacemento | Cambados | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Trianiña | |||
1978–1980 | Cambados | 50 | (0) |
1981–1983 | Gran Peña | ||
1983–1984 | Arousa | 21 | (0) |
Chispa | |||
1989–1993 | Cambados | 100 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Ricardo "Richard" Charlín Rey, nado o 5 de xaneiro de 1960 na vila de Cambados, é un ex-futbolista galego e actual empresario. Foi presidente do Cambados.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar no equipo local do Trianiña, para pasar ao Cambados. Posteriormente fichou polo Gran Peña Celtista, daquela filial do Celta de Vigo; mais despois acabou recalando no Arousa, no Chispa e no Cambados, coincidindo coa época de máximos éxitos do equipo da vila, co que chegou a xogar tres tempadas en Segunda División B (1990-1993).
Posteriormente, xa retirado do fútbol activo, foi presidente do Cambados, cargo ao que regresou en 2007.