Agrupación de electores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A agrupación de electores, segundo a lexislación electoral española, é un conxunto de cidadáns que se asocia temporalmente co único fin de presentar unha candidatura a unhas determinadas eleccións. Para presentar candidaturas as agrupacións de electores necesitan presentar un número mínimo de firmas:

  1. Para as eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado o 1% dos rexistrados no censo electoral da respectiva circunscrición electoral (a provincia e as cidades de Ceuta e Melilla no caso do Congreso; a provincia, salvo no caso nas insulares, nas que a illa é a circunscrición electoral), tal como regula o artigo 169 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral.
  2. Para as eleccións municipais (artigo 187 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral):
    1. En municipios de menos de 5.000 habitantes, o 1% dos rexistrados sempre que o número de asinantes sexa máis do dobre que o de concelleiros a elixir.
    2. Nos comprendidos entre 5.001 e 10.000 habitantes polo menos 100 firmas.
    3. Nos comprendidos entre 10.001 e 50.000 habitantes polo menos 500 firmas.
    4. Nos comprendidos entre 50.001 e 150.000 habitantes polo menos 1.500 firmas.
    5. Nos comprendidos entre 150.001 e 300.000 habitantes polo menos 3.000 firmas.
    6. Nos comprendidos entre 300.001 e 1.000.000 de habitantes a menos 5.000 firmas.
    7. Nos demais casos polo menos 8.000 firmas.
  3. Para o Parlamento Europeo, 15.000 electores (artigo 220 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral).
  4. Para as eleccións autonómicas depende da lexislación de cada comunidade autónoma, pero adoita ser o 1% dos electores da correspondente circunscrición electoral.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]