RheinStars Köln

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
RheinStars Köln
Información xeral
Liga ProA
Fundación 1999
Historia Cologne 99ers
(1999–2001)
RheinEnergie Köln
(2001–2007)
Köln 99ers
(2007–2013)
RheinStars Köln
(2013–presente)
Cores           Vermello, branco
Localización
Cidade Alemaña Colonia, Alemaña
Pavillón GEW Energy Dome
Capacidade 3.200
Campionatos
Liga 1 (2006)
Copa 3 (2004, 2005, 2007)
Supercopa 1 (2006)
sg-koeln99ers.de

O RheinStars Köln é un club de baloncesto da cidade de Colonia, no estado de Renania do Norte-Westfalia, que xoga na 1. Regionalliga, a cuarta categoría do baloncesto alemán. O maior éxito do club foi a consecución da Basketball Bundesliga, máxima competición do baloncesto xermano, no ano 2005, o que lle serviu para participar na Euroliga, alén das tres Copas de Alemaña gañadas en 2004, 2005 e 2007. Porén, en xaneiro de 2008 o club desclárase insolvente e é relegado a categorías inferiores.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo foi fundado en 1999 co nome de Cologne 99ers. No ano 2001 reciben o patrocinio da compañía enerxética RheinEnergie, que apoia ao club até o ano 2007, ano no que o club toma o nome de Köln 99ers. Alén de gañar as Copas de Alemaña de 2004, 2005 e 2007, o maior éxito do club foi a consecución da Liga de Alemaña en 2006, o que lles permitiu participar na edición 2006-07 da Euroliga. Durante a súa participación na máxima competición continental o club xogou os seus partidos como local no Philips Halle de Düsseldorf. O 21 de xaneiro de 2008 o club anuncia que é insolvente, sendo relegado a categorías inferiores do baloncesto xermano. No ano 2013, o club foi relanzado co nome RheinStars Köln na Oberliga.

Nomes[editar | editar a fonte]

  • Cologne 99ers (1999−2001)
  • RheinEnergie Köln (2001−2007)
  • Köln 99ers (2007−2013)
  • RheinStars Köln (2013−presente)

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Liga de Alemaña
    • Campións (1): 2006
  • Copa de Alemaña
    • Campións (3): 2004, 2005, 2007
  • Supercopa de Alemaña
    • Campións (1): 2005

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]