Revista de Tropas Coloniales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revista de Tropas Coloniales
Portada do nº 1 da Revista de Tropas Coloniales, 1 de xaneiro de 1924.
PaísEspaña
Lugar de publicaciónCeuta
Lingualingua castelá
Fundación1924
Circulación
Frecuencia1 mes
ISSN1132-6417
Na rede
HemBNE: 0004278726 HemBNE: 4160869
editar datos en Wikidata ]

A Revista de Tropas Coloniales foi unha revista mensual publicada en Ceuta, fundada en 1924 por Gonzalo Queipo de Llano.[1] Tiña como subtítulo "Propagadora de Estudios Hispano-Africanos"[2] e foi continuada, a partir de febreiro de 1926, por África. Revista de Tropas Coloniales.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Editada en Ceuta, o seu número inicial publicouse o 1 de xaneiro de 1924.[3] O seu fundador e primeiro director foi Gonzalo Queipo de Llano, e no consello de dirección tamén aparecían Francisco Franco e Silverio Cañadas Valdés, coronel de enxeñeiros, e o capitán de artillaría Luis Martí Alonso; este último como director artístico.[4][5][6]

Tivo un espello a imitar na revista francesa Revue des Troupes Coloniales, posta en marcha comezos de século[7][8][9] e dende as súas páxinas difundíronse artigos con posturas africanistas e antiabandonistas críticas coa acción política do Directorio Militar da Ditadura de Primo de Rivera o que acabou provocando que Queipo de Llano fose trasladado a Cádiz e substituído como comandante xeneral de Ceuta e que se fixese cargo da revista o xeneral Luis Bermúdez de Castro, quen no número de xullo de 1924, aparece como director honorario, e Queipo de Llano como fundador.[5] En xaneiro de 1925, Franco chegou a asumir o cargo de director[5]

Contou coa participación de colaboradores en diferentes momentos; militares como o tenente coronel Emilio Mola Vidal, o coronel de infantaría Fermín Galán, Ramón Franco, e intelectuais ou persoas doutros ámbitos como Rodolfo Gil Bemumeya,[10][2] o ilustrador Mariano Bertuchi,[10] Antonio Goicoechea, Augusto Barcia ou Ramiro de Maeztu, quen escribiu que o Exército era o “brazo da unidade nacional” e o garante do “sentimiento da historia común”.[5] En agosto de 1925, foi declarada «de utilidade» polo Ministerio de Guerra (Diario Oficial, nº 178 de 12 de agosto de 1925).[11]

Nova cabeceira[editar | editar a fonte]

A partir de febreiro de 1926, cambiou o seu título introducindo o nome de África na cabeceira, quedando como África. Revista de Tropas Coloniais.[12][13] A Hemeroteca Dixital da Biblioteca Nacional de España acouta a publicación da Revista de Tropas Coloniales entre o 1 de xaneiro de 1924 e xaneiro de 1926,[14] data a partir da cal considera que comezaría África. Revista de Tropas Coloniais.[15] Porén, outros autores interpretan ámbolos dous títulos como distintas etapas dunha mesma publicación,[13][12] pois a revista segue a mante-la mesma estrutura e ten contidos da mesma natureza, e seguirá sendo apoiada polo grupo de militares africanistas encabezados por Queipo e Franco, que seguirá a se-lo seu director até 1932 en que foi substituído por Antonio Martín de la Escalera.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Desvois (2001), p. 235
  2. 2,0 2,1 González González 2017, p. 3
  3. Velasco de Castro 2013, 18
  4. Velasco de Castro 2013, 19
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Revista de tropas coloniales". europeana.eu (en castelán). 1 de novembro de 2014 [actualizado o 25 de setembro de 2016]. Consultado o 6 de novembro de 2022. 
  6. González González 2017, p. 4
  7. Velasco de Castro 2013, 20
  8. López Enamorado (1998), pp. 261–278
  9. González González (2017), p. 1
  10. 10,0 10,1 Velasco de Castro 2013, 26
  11. Velasco de Castro 2013, 41
  12. 12,0 12,1 González González, Irene (2017). "Las publicaciones africanistas españolas: el caso de África. Revista De Tropas Coloniales (1924-1936)" (PDF). Clio Themis. ISSN 2105-0929. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de maio de 2018. Consultado o 06 de novembro de 2022. 
  13. 13,0 13,1 Velasco de Castro 2013, 22
  14. "Revista de tropas coloniales". Hemeroteca Digital. BNE. 
  15. "África. Revista de Tropas Coloniales". Hemeroteca Digital. BNE. 
  16. González González 2017, p. 5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Desvois, Jean Michel (2001). "La presse militaire dans L'Espagne contemporaine". En Aubert, Paul; Desvois, Jean-Michel. Les élites et la presse en Espagne et en Amérique latine: des Lumières à la Seconde Guerre mondiale (en francés). Madrid: Casa de Velázquez. pp. 229–242. ISBN 9788495555182. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]