Retratos Fantasmas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Retratos Fantasmas
Ficha técnica
Título orixinalRetratos Fantasmas
DirectorKleber Mendonça Filho
ProdutorEmilie Lesclaux
GuiónKleber Mendonça Filho
IntérpretesKleber Mendonça Filho
MúsicaTomas Alves Souza
FotografíaPedro Sotero
MontaxeMatheus Farias
Estudio
  • CinemaScópio Produções
  • Ancine
DistribuidoraVitrine Filmes (Brasil)
EstreaCannes: 19 de maio de 2023
Duración93 minutos
Orixe Brasil
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt27502227 Allocine: 315221 Editar o valor em Wikidata

Retratos Fantasmas é un filme documental brasileiro de 2023 dirixido e escrito por Kleber Mendonça Filho. O filme revisita a cidade natal de Kleber, a cidade brasileira de Recife, a través do prisma histórico dos cinemas que frecuentaba, a partir da súa propia imaxe de arquivo persoal, lembrando o que antes eran lugares idílicos, hoxe pechados, que constituían un importante marcador temporal na evolución da sociedade brasileira.[1]

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2023, na sección Special Screenings.[2] Posteriormente foi proxectado na sección Main Slate do Festival de Cinema de Nova York[3] e na sección Wavelengths do Festival Internacional de Cinema de Toronto. Foi escollido como candidato do Brasil para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[4] mais finalmente non foi nomeado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. bpavan (2023-05-19). "Retratos Fantasmas (Pictures of Ghosts), Kleber Mendonça Filho returns to Recife". Festival de Cannes (en inglés). Consultado o 2023-07-29. 
  2. "RETRATOS FANTASMAS". Festival de Cannes (en inglés). 2023-05-19. Consultado o 2023-07-29. 
  3. "61st New York Film Festival Main Slate Announced". Film at Lincoln Center (en inglés). 2023-08-08. Consultado o 2023-08-11. 
  4. "Brasil escolhe "Retratos Fantasmas", de Kleber Mendonça Filho, como o seu representante na corrida ao Oscar 2024 de Melhor Filme Internacional!". Termômetro Oscar 2024 - Candidatos, Indicados e Vencedores (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2023-09-19. Consultado o 2023-09-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]