Resistencia térmica
Aparencia
A resistencia térmica dun material representa a capacidade do material de opoñerse ao fluxo da calor. No caso de materiais homoxéneos é a razón entre o grosor e a condutividade térmica do material; en materiais non homoxéneos, a resistencia é o inverso da condutancia térmica.
Resistencia térmica total
[editar | editar a fonte]A resistencia térmica total Rt é a inversa do coeficiente de transmisión de calor dun elemento, que é a suma das resistencias térmicas superficiais e a resistencia térmica do elemento construtivo. Verifícase que:
Capas homoxéneas
[editar | editar a fonte]A resistencia térmica R dunha capa homoxénea de material sólido, en metro cadrado por kelvin e por vatio, vén dada por:
Onde é o grosor da capa (m) e (lambda) a condutividade térmica do material, W/(K·m).