Condutancia térmica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A condutancia térmica C, é unha medida de transferencia de calor a través dos materiais, formados por unha ou varias capas, e en condicións de laboratorio. Mídese a cantidade de calor transferida a través do material nun tempo e superficie unitarios, para un espesor especificado (non necesariamente unitario).

Calcúlase como a condutividade térmica do material, dividida polo espesor da capa, e, ou ben, como a inversa da resistencia térmica unitaria U=1/R en unidades W/(m2*K)

{} Ou, no caso de que se queira estudar un elemento de varias capas:

{}

sendo:

RT: resistencia térmica total (m2·K·W-1)
Rj: resistencia térmica de cada unha das capas que forman o elemento (m2·K·W-1)

O valor de C é característico de cada composición construtiva.

Se se teñen en conta as situacións reais, con aire por ambas caras, hai que ter en conta as resistencias superficiais e nese caso chámse transmitancia térmica, U.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]