Resistencia térmica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A resistencia térmica dun material representa a capacidade do material de opoñerse ao fluxo da calor. No caso de materiais homoxéneos é a razón entre o grosor e a condutividade térmica do material; en materiais non homoxéneos, a resistencia é o inverso da condutancia térmica.

Resistencia térmica total[editar | editar a fonte]

A resistencia térmica total Rt é a inversa do coeficiente de transmisión de calor dun elemento, que é a suma das resistencias térmicas superficiais e a resistencia térmica do elemento construtivo. Verifícase que:

 R_t = \frac{1}{K} = Rs_e + Rs_i + R

Capas homoxéneas[editar | editar a fonte]

A resistencia térmica R dunha capa homoxénea de material sólido, en metro cadrado por kelvin e por vatio, vén dada por:

 R = \frac{e}{\lambda}

Onde e é o grosor da capa (m) e {\lambda} (lambda) a condutividade térmica do material, W/(K·m).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]