Saltar ao contido

Satyagraha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Satyagraha (sánscrito: सत्याग्रह satyāgraha) é a idea de resistencia non violenta (loitar coa paz) iniciada por Gandhi. El usou a satyagraha no movemento independentista indio e tamén durante a súa loita anterior en Suráfrica.

A satyagraha axudou a dar forma á loita de Nelson Mandela baixo o apartheid, as campañas de Martin Luther King Jr. durante o movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos e outros movementos similares. De alguén que fai satyagraha dise que "é un satyagraha".

Foi usada en movementos e numerosas loitas non violentas na India. Como Marcha Daandi, Movemento de Non Cooperación, Marcha do Sal; etc.

Significado do termo

[editar | editar a fonte]
Gandhi lidera Salt Satyagraha (a marcha do sal), un exemplo notable de Satyagraha

A palabra Satyagraha procede das palabras sánscritas Satya que significa 'verdade' e Agraha que é 'insistencia'. Para Gandhi, Satyagraha foi moito máis alá da simple "resistencia pasiva" (resistir sen actuar), segundo el era unha forza moral nacida da verdade e a non-violencia.[1] Tamén escribiu que lle gustaba máis o termo "Resistencia civil" que "Desobediencia civil".[2] Gandhi tamén o traduciu como "forza amorosa" ou "forza da alma".[3]

Idea de Satyagraha

[editar | editar a fonte]

Principais puntos de Satyagraha

[editar | editar a fonte]

En Satyagraha o obxectivo é cambiar a mente do malfeitor.[4] Vencer é levarse co inimigo e facer que o que está mal sexa correcto, quizais eles non se dean conta. Para que aconteza, a mente do inimigo debe cambiar para se decatar de que está a impedir unha meta certa.

  1. Non violencia (ahimsa)
  2. Verdade: isto inclúe a honestidade, pero tamén significa vivir plenamente polo que é certo e estar de acordo con el
  3. Non roubar
  4. Castidade (brahmacharya): isto significa manter a moral sexualmente, pero tamén prestar máis atención a seguir a verdade que a satisfacer os impulsos. Gandhi logo da morte da súa esposa testaba a súa brahmachaya durmindo con rapazas espidas, para evidenciar a súa falta de desexo, o que se converteu en polémica, especialmente co paso das décadas. [5]
  5. Non posuír (non é o mesmo que ser pobre)
  6. Traballo do corpo ou traballo do pan
  7. Non comer moito do que non é bo
  8. Non ter medo
  9. Igual respecto a todas as relixións
  10. Loitar con boicots (non comprar a quen son un problema)
  11. A liberdade de intocabilidade, ou a idea dunha casta (un grupo de persoas coas mesmas cantidades de diñeiro e poder) tan baixa que "non se pode tocar".

Outra vez, Gandhi deu sete regras importantes: [6] Un satyagrahi:

  1. debe ter unha fe viva en Deus
  2. debe crer na verdade e na non violencia, e ter fe na bondade da natureza humana
  3. debe levar unha vida casta (moral) e estar disposto a morrer ou perder todo o que posúe
  4. debe ser un portador de khadi
  5. debe estar lonxe do alcol
  6. debe seguir todas as demais regras de disciplina
  7. se o meten no cárcere, debe cumprir as regras da cadea, a non ser que fosen feitas para prexudicar a súa autoestima.
  1. ↑ Nas súas palabras: "A verdade (satya) implica amor, e a firmeza (agraha) procrea e, polo tanto, serve como sinónimo de forza. Así comecei a chamar ao movemento indio Satyagraha, é dicir, a Forza que nace da Verdade e Amor ou non violencia, e renunciou ao uso da frase 'resistencia pasiva', en relación con ela, tanto é así que mesmo na escrita en inglés moitas veces o evitamos e utilizamos no seu lugar a palabra 'satyagraha'..." Satyagraha en Suráfrica, 1926 de Johnson,.
  2. ↑ Nunha carta a PKRao, Servants of India Society, datada de 10 de setembro de 1935, citado en Louis Fischer, The Life of Mahatma Gandhi, Parte I, Capítulo 11, pp. 87-88, "A declaración da que deducín a miña ideia de 'desobediencia civil' para explicar nosa loita aos lectores ingleses. Mais descobrín que mesmo a "desobediencia civil" fallou en transmitir o significado completo da loita. Por tanto, adoptei a frase "Resistencia Civil".
  3. ↑ "Tamén chamei de forza do amor ou forza da alma. Na aplicación de satyagraha, descobrín nos primeiros estadios que a busca da verdade non admitia que a violencia fose inflixida ao oponente, mais que el debe ser afastado do erro pola paciencia e compaixón. Pois o que parece ser verdade para um pode parecer erro para outro. E paciencia significa sofrimento propio. Así, a doutrina pasou a significar vindicación da verdade, non inflixindo sofrimento ao oponente, mais a si mesmo. Gandhi, MK Statement to Disorders Inquiry Committee, 5 de xaneiro de 1920 (The Collected Works of Mahatma Gandhi vol. 19, p. 206)
  4. ↑ "O obxectivo do Satyagrahi é converter, non coaccionar, ao malfeitor". Gandhi, M.K. "Requisite Qualifications" Harijan 25 de marzo de 1939
  5. ↑ "Cómo se verían hoxe as probas de celibato de Gandhi con raparigas espidas?". The Guardian. Consultado o 1-1-2022.
  6. ↑ Gandhi, M.K. “Qualifications for Satyagraha” Young India 8 de agostod de 1929

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]