Marcha do sal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Gandhi recolle uns grans de sal ó remate da marcha.

A marcha do sal, tamén coñecida como marcha de Dandi e o sal Satyagraha, foi un acto de desobediencia civil non-violento que se produciu na India colonial iniciado por Mohandas Gandhi para producir sal coa auga do mar. Con este acto, reivindicouse unha práctica que fora común até que os oficiais británicos introduciron impostos na produción do sal, declararon as actividades de reclamación do sal como ilegais e empregaron o uso da forza repetidamente para frealo. A marcha, de vinte e catro días, comezou o 12 de marzo de 1930 como unha campaña de acción directa e protesta non violenta de contra o monopolio británico do sal, conseguindo a atención internacional, dando un gran pulo ó movemento de independencia da India e comezou o Movemento internacional de desobediencia civil.

A marcha foi o desafía organizado máis significativo contra a autoridade británica dende o movemento de non cooperación de 1920–22, e foi seguido pola declaración de soberanía de Purna Swaraj e o autogoberno polo Congreso Nacional Indio o 26 de xaneiro de 1930.[1]

Gandhi liderou a marcha de Dandi dende a súa residencia, Sabarmati Ashram, preto da cidade de Ahmedabad. 78 persoas comezaron a marcha con Gandhi, que pretendían camiñar 390 km até a vila costeira de Dandi, que se atopa en Navsari, no estado de Gujarat. Como o obxectivo de Gandhi e os seus seguidores era producir sal sen pagar impostos, un número crecente de indios uníronse no seu camiño. Cando Gandhi crebou coa lei do sal ás 6:30 am o 6 de abril de 1930, millóns de indios imitárono e comezaron a facer actos de desobediencia civil contra o Raj Británico.[2] A campaña tivo un efecto significativo en todo o mundo, e especialmente nas actitudes británicas cara a soberanía india e o autogoberno.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dorling Kinderseley Ltd, ed. (2014). Eyewitness Gandhi (1 ed.). Londres. p. 44. ISBN 0241185661. Consultado o 3 de setembro de 2015. 
  2. "Mass civil disobedience throughout India followed as millions broke the salt laws", from Dalton's introduction to Gandhi's Civil Disobedience. Gandhi & Dalton, 1996, p. 72.
  3. Johnson, p. 37.
  4. Ackerman & DuVall, p. 109.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ackerman, Peter (2000). Palgrave Macmillan, ed. A Force More Powerful: A Century of Nonviolent Conflict. ISBN 0-312-24050-3. 
  • Dalton, Dennis (1993). Columbia University Press, ed. Mahatma Gandhi: Nonviolent Power in Action. ISBN 0-231-12237-3. 
  • Decourcy, Elisa. "Just a grain of salt?: Symbolic construction during the Indian nationalist movement," Melbourne Historical Journal, 1930, Vol. 38, pp 57–72