República Transpadana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública Transpadana

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 50°N 10°L / 50, 10Coordenadas: 50°N 10°L / 50, 10
CapitalMilán Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1796 Editar o valor em Wikidata
Disolución9 de xullo de 1797 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porRepública Cisalpina Editar o valor em Wikidata

A República Transpadana foi unha República irmá, un Estado satélite da Primeira República Francesa situado no norte de Italia, no territorio do Ducado de Milán, que existiu entre 1796 e 1797, cando desapareceu para fusionarse coa República Cispadana e dar orixe á República Cisalpina. Tamén se coñeceu co nome de República Lombarda.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante a Guerra da Primeira Coalición, en marzo de 1796, Napoleón Bonaparte foi nomeado comandante en xefe do exército francés na fronte italiana,[1] onde os franceses levaban desde 1792 loitando contra as tropas austríacas e piemontesas da Primeira Coalición. Nunha exitosa serie de campañas relampo, Napoléon invadiu e derrotou o Piemonte en abril e, posteriormente, venceu as tropas austríacas conquistando ao longo de 1796 todo o norte de Italia.

Os franceses presentáronse ante os italianos do norte en xeral, aos lombardos en particular, como libertadores da súa terra fronte ao dominio feudal austríaco. A política exterior da Primeira República Francesa incluía a extensión dos principios revolucionarios franceses no exterior, axudando aos países veciños a que constituísen repúblicas seguindo o modelo francés. Porén, estas repúblicas, chamadas repúblicas irmás, frecuentemente estaban sometidas aos intereses particulares de Francia, e acabaron converténdose en meros Estados satélites. Este foi o caso da República Transpadana, a Cispadana e das repúblicas que as sucederon.

Tras a batalla de Lodi, o 10 de maio de 1796, Bonaparte decretara xa o final do dominio feudal na Lombardía. A medida que os franceses foron dominando militarmente o Ducado de Milán, que estivera baixo dominio austríaco desde que o 26 de setembro de 1706 cando as tropas imperiais austríacas tomaron Milán, que pasou do dominio da cora española (Filipe V foi o último soberano español do ducado) ao poder do Arquiduque de Austria Carlos de Austria (o futuro Carlos VI, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico). Esta situación de dominación austríaca confirmouse legalmente no tratado de Utrecht, e o ducado foi definitivamente ratificado como posesión dos Habsburgo polo tratado de Baden de 1714.

Nese ano de 1796 fóronse formando nas diferentes cidades lombardas liberadas xuntas locais revolucionarias e profrancesas. Estas xuntas foron fortalecéndose e estreitando lazos entre elas até formar, en outono, un embrión de estado que se estendía en todo o territorio do antigo Ducado de Milán. Napoleón alentou este proceso xa que necesitaba de apoio local, tanto en tropas como en cuestións loxísticas, para poder vencer os aliados da Coalición en Italia. As xuntas revolucionarias milanesas proclaman a República Transpadana no territorio que anteriormente formara o Ducado de Milán o 15 de novembro de 1796. Esta república tivo unha existencia efémera, xa que desapareceu o 9 de xullo de 1797 ao fusionarse coa veciña República Cisalpina para constituíren a República Cisalpina.

Consideracións[editar | editar a fonte]

  • O nome da República fai mención ao río Po (en latín Padus). A República Transpadana sería polo tanto, a república que está situada ao outro lado do Po. Curiosamente, o Po era o río que marcaba a fronteira sur da república, polo que a denominación de Transpadana se tomaba desde un punto de vista italiano peninsular e non francés. En caso de que o nome fose posto desde o punto de vista francés, deberóa denominarse República Cispadana, xa que para os franceses, o Ducado de Milán era o territorio a este lado do Po.
  • A orixe das cores da bandeira italiana encóntrase na das tropas transpadanas (e tamén das cispadanas). O 19 de agosto de 1796 as milicias das cidades da Lombardía formaron unha Garda Nacional, que comezou a utilizar as cores verde, branca e vermella nos seus uniformes. Por simples motivos prácticos esas tres cores aproveitáronse tamén para os estandartes militares. As primeiras bandeiras coa tricolor italiana apareceron o 9 de outubro de 1796. Napoleón Bonaparte declarou o 11 de outubro dese ano que estas tres cores (verde, branca e vermella) eran as cores nacionais de Italia. A tricolor foi a bandeira da Transpadana e da súa sucesora, a República Cisalpina e dos restantes estados italianos que as sucederon.
  • A creación das Repúblicas Cispadana e Transpadana a finais do século XVIII poden considerarse polo tanto como un dos primeiros fitos no proceso da unificación italiana. Como paradoxo da historia, o termo Padania está ligado na actualidade ao movemento político Liga Norte, que propugna a secesión do norte de Italia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "1807: A paz de Tilsit". Deutsche Welle (en portugués). 20-08-2005. Consultado o 26 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Louis Bergeon, François Furet e Reinhart Koselleck (1976): Historia Universal 26. La época de las Revoluciones Europeas. 1780-1848. Ed. Siglo XXI de España. ISBN 978-84-323-0219-0
  • T .C. W. Blanning (1996): The French Revolutionary Wars, 1787-1801. Hodder Education Publishers; ISBN 0-340-64533-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]