Repousacabezas (mobiliario)
Aparencia
Un repousacabezas, usado dende a Idade Antiga, é un moble no que se repousa a cabeza ao estar deitado na cama ou sobre o chan.
Historia
[editar | editar a fonte]En certas partes do Oriente Medio, como o Antigo Exipto, a poboación local utilizaba repousacabezas de madeira, en lugar de almofadas, para durmir debido á calor do clima. Porfirio escribiu que este tipo de repousacabezas estaba practicamente limitado aos sacerdotes. As clases máis adiñeiradas usaban alabastro e decorábanas con xeroglíficos. Noutros casos utilizaban preferentemente madeira de tamargueira ou sicómoro e as máis económicas de pedra, cerámica ou vime de folla de palmeira. Tanto no enxoval funerario Tutankamón como no da raíña Hetepheres I, nai de Jufu (Queops), atopáronse camas con repousacabezas.[1]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Repousacabezas zulú. Museo Británico.
-
Repousacabezas de madeira de dúas patas.
-
Repousacabezas adornado.
-
Dobre repousacabezas. Museo de Brooklyn.
-
Cama da raíña Hetepheres. Museo de Boston.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wilkinson, J. Gardner (1853). Los Egipcios. Su vida y costumbres. Edimat Libros. ISBN 84-9764-236-8.