Reparacións de guerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As reparacións de guerra son pagamentos monetarios impostos polo vencedor ao vencido para cubrir os danos e perdas causados durante unha guerra. Xeralmente, este termo fai referencia ao traspaso de bens ou de sangue e non á anexión de territorios.

Críticas[editar | editar a fonte]

Historicamente as críticas principais das reparacións de guerra foron:

  • Que só hai medidas punitivas en contra do pobo do lado perdedor, máis que en contra dos lados belixerantes, que pode ser o lado que xustamente debería facer as reparacións.
  • En moitas instancias, o pobo do goberno vencido que librou unha guerra en realidade tivo pouca ou nula participación na decisión de librar esa guerra, e polo tanto as reparacións de guerra son impostas a xente inocente.
  • Que despois de varios anos de guerra, o pobo do lado perdedor é probable que xa estea empobrecido, e a imposición das reparacións de guerra pode levar a afundir aínda máis na pobreza ao pobo, acendendo un resentimento a longo prazo en contra do lado vitorioso e facendo pouco probable a realización de devanditos pagamentos.

John Maynard Keynes afirmou que a influencia en xeral das reparacións de guerra poderían ser desastrosas.

Moitos críticos sosteñen a teoría de que as reparacións de guerra foron unha das causas (se ben indirecta, moi decisiva) dos moitos motivos que levaron á segunda guerra mundial. Despois do fin da primeira guerra mundial, o Tratado de Versalles de 1919 impuxo reparacións de guerra moi fortes sobre Alemaña. Moitos afirman que estes pagamentos de reparacións exacerbaron os problemas económicos alemáns, e a hiperinflación resultante arruinou as oportunidades de recuperación da República de Weimar e permitiu a chegada ao poder do Partido Nazi e de Adolf Hitler. Outros apuntan ao feito de que as reparacións ao final da segunda guerra mundial foron calculadas sobre a base dos danos causados polos alemáns durante a primeira guerra mundial. Despois da Guerra Franco-Prusiana, o monto total das reparacións foi calculado con base nun valor fixo. Ademais o monto ao final da primeira guerra mundial foi obxecto de recálculos frecuentes, o cal alentou a Alemaña a obstruír tales pagamentos. Eventualmente, todos eses pagamentos foron cancelados ao chegar Hitler á Chancelería Alemá.

Esta experiencia levou á solución ao final da segunda guerra mundial, onde os países gañadores tomaron maquinaria e bens que poidesen ser trasladados desde as nacións vencidas, en vez de esixir diñeiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wheeler-Bennett, John, The Wreck of Reparations, being the political background of the Lausanne Agreement, 1932", Nova York, H. Fertig, 1972.
  • Ilaria Bottigliero, Redress for Victims of Crimes under International Law, Martinus Nijhoff Publishers, The Hague (2004).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]