República de Letonia (1918-1940)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública de Letonia
Latvijas Republika (lv) Editar o valor em Wikidata

HimnoDievs, svētī Latviju Editar o valor em Wikidata

Localización
CapitalRiga Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.950.502 Editar o valor em Wikidata (29,65 hab./km²)
Lingua usadalingua letoa Editar o valor em Wikidata
RelixiónEstado laico Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie65.791,4 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación18 de novembro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Disolución17 de xuño de 1940 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria
autocracia Editar o valor em Wikidata

Letonia, durante o período de entreguerras, oficialmente denominada República de Letonia (en letón Latvijas Republika) foi un estado independente situado na Europa setentrional á beira do mar Báltico que existiu entre 1918 e 1940.

Sucedeu aos breves Ducado de Curlandia e Semigalia e Ducado Unido do Báltico, estados satélites do Imperio Alemán, tras a derrota deste na primeira guerra mundial en 1918 e o previo triunfo da revolución rusa en 1917, ocasionando a independencia de Letonia.

Proclamada o 7 de decembro de 1918 e recoñecida formalmente polo Tratado de Riga de agosto de 1920, a república durou durante todo o período de entreguerras até a súa invasión e ocupación pola Unión Soviética durante a segunda guerra mundial, que propiciou a súa anexión posterior como a República Socialista Soviética de Letonia.

En termos políticos, Letonia foi gobernada baixo unha democracia parlamentaria durante a década de 1920 e a primeira metade da de 1930. O centroesquerdista Partido Obreiro Socialdemócrata de Letonia e a centrodereitsta Unión de Agricultores de Letonia, liderada por Kārlis Ulmanis, foron os principais partidos políticos do período democrático. Durante a maior parte do período republicano, o Partido Comunista de Letonia estivo prohibido, aínda que adoitaba concorrer ás eleccións baixo outras listas, sendo todas elas prohibidas despois dos comicios. En maio de 1934, Kārlis Ulmanis encabezou un golpe de estado incruento que instaurou un réxime autoritario. Todos os partidos políticos foron prohibidos, estableceuse a censura da prensa e introduciuse o estado de guerra interno. Ulmanis acumulou para si todos os poderes do estado, converténdose nun ditador.

Pouco antes de estalar a segunda guerra mundial, ao igual que os demais estados bálticos, Letonia viuse ameazada por unha posíbel invasión, tanto pola Alemaña nazi como pola Unión Soviética, polo que o réxime de Ulmanis comezou a asinar pactos con ambos os países que reduciron cada vez máis a soberanía letoa.

A partir da invasión de Lituania a principios de 1940, o goberno letón aceptou a idea de que a ocupación era inevitábel. O 17 de xuño de 1940 tropas soviéticas entraron en Letonia sen enfrontar practicamente ningunha oposición. En xullo dese ano realizouse un plebiscito fortemente manipulado para garantir a elección dun órgano lexislativo comunista, a Asemblea Popular, que declarou o 21 de xullo a República Socialista Soviética de Letonia. O 5 de agosto o goberno soviético aceptou a Letonia como parte da Unión.

Letonia foi novamente invadida pola Alemaña nazi en 1941 para, posteriormente, ser recuperada pola Unión Soviética en 1945, ao termo da guerra.

A independencia de Letonia, xunto coa dos demais países bálticos, non sería restaurada efectivamente até 1990, en plena disolución da Unión Soviética.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.