Kārlis Ulmanis
Kārlis Ulmanis | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Kārlis Augusts Vilhelms Ulmanis |
Nacemento | 4 de setembro de 1877 |
Lugar de nacemento | Bērze, Letonia, Imperio ruso |
Falecemento | 20 de setembro de 1942 |
Lugar de falecemento | Krasnovodsk, Turkmenistán, Unión Soviética |
Causa | Disentería |
Soterrado | Turkmenistán |
Nacionalidade | letoa, rusa |
Alma máter | ETH de Zúric Universidade de Leipzig Universidade de Nebraska |
Ocupación | escritor, propietario agrícola, profesor universitario e político |
Estudos | Licenciado en Agronomía |
Cargos | Prmeiro Ministro e Presidente de Letonia |
Premios | Order of the White Eagle, Cross of Recognition, Order of Lāčplēsis, Order of Viesturs, Order of the Three Stars, 1st Class, Cross of Liberty, 1st Class of the Order of the Cross of the Eagle, Grand Cordon of the Order of Leopold, Grand Cross of the Order of the Crown, Knight Grand Cross of the Order of Pius IX, Knight Grand Cross of the Order of Saints Maurice and Lazarus, Knight grand cross of the order of the crown of Italy, gran cruz e colar da orde de Vytautas O Grande, Gran Cruz da Orde de San Olaf, Grand Cross of the Order of Polonia Restituta, Grand Cross of the Order of the White Rose of Finland, Gran cruz da Lexión de Honor, Cabaleiro da Lexión de Honra, Ordem do Leão Branco, Comandante da Grã-Cruz da Ordem da Estrela Polar, Grand Cross of the Order of Vasa, Order of the White Star, Collar Class, Ordem dos Santos Maurício e Lázaro, Ordem de Santo Olavo e Ordem Real de Vasa |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Kārlis Vilhelms Augusts Ulmanis, nado o 4 de setembro de 1877 en Bērze, Letonia, e finado o 20 de setembro de 1942 en Krasnovodsk, Turkmenistán,[1] foi dos máis importantes políticos letóns de antes da segunda guerra mundial, durante o período de independencia de Letonia de novembro de 1918 a xuño de 1940.
Ocupou catro veces o posto de primeiro ministro, a última vez como xefe dun réxime autoritario. Tamén acupou o cargo de presidente da República de Letonia.
O legado da súa ditadura segue dividindo hoxe a opinión pública de Letonia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ulmanis estudou Agronomía na ETH de Zúric (Suíza) e na Universidade de Leipzig (Alemaña).
Tras a revolución de 1905 exiliouse nos Estados Unidos. Durante o período de exilio estudou na Universidade de Nebraska–Lincoln usando o nome de Karl August Ulmann, obtendo o título de licenciado en Agricultura.[2]
Despois de traballar brevemente nesa universidade como profesor, Ulmanis trasladouse a Houston, Texas. O negocio de produtos lácteos que comprara alí tivo dificultades financeiras.[3]
En 1913 foi amnistiado e regresou a Letonia, onde fundou, en 1917, un partido político de centro dereita, a Unión Letoa de Agricultores.[1]
Cando Letonia se declarou independente do Imperio ruso en 1918 foi nomeado primeiro ministro, ocupando este cargo en catro ocasións: 1918-20, 1925-26, 1931-32 e 1934-40.
Asumiu por cuarta vez o cargo de primeiro ministro o 17 de marzo de 1934. Na noite do 15 ao 16 de maio de 1934, Ulmanis, co apoio do ministro da Guerra Jānis Balodis, proclamou un estado de guerra e disolveu todos os partidos políticos e o Saeima (parlamento). As liberdades políticas foron suspendidas.[4]
O golpe de estado levoues a cabo polo exército e as unidades de paramilitares Aizsargi. Desde que o presidente Alberts Kviesis deixou o cargo o 11 de abril de 1936, Ulmanis exerceu simultaneamente os cargos de presidente e primeiro ministro. Foi oficialmente coñecido como Valsts un Ministru Prezidents (Ministro e Presidente Estatal), pero frecuentemente en publicacións se lle chamaba Tautas Vadonis (Líder da Nación) ou, simplemente. Vadonis (Líder).[5]
Dimitiu en 1940 ante o ultimato soviético, e foi arrestado e deportado.
Faleceu de disentería o 20 de setembro de 1942 na prisión de Krasnovodsk, no actual Turkmenistán.
Predecesor: Alberts Kviesis |
Presidente de Letonia 1936 - 1940 |
Sucesor: Guntis Ulmanis |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Rihards Treijs (2000): Prezidenti: Latvijas valsts un ministru prezidenti (1918-1940). Riga: Latvijas Vēstnesis. ISBN 978-99-8473-147-6.
- ↑ "The graduates get diplomas". Lincoln, Nebraska: The Lincoln Star. 24 de abri de 1908. Consultado o 10 de febreiro de 2022.
- ↑ "Nebraska State Historical Society" (PDF). Nebraska State Historical Society. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de setrembro de 2017. Consultado o 10 de febreiro de 2022.
- ↑ Rogainis, Janis (1971): The emergence of an authoritarian regime in Latvia, 1932-1934 Arquivado 24 de xullo de 2020 en Wayback Machine.. Lituanus 17 (3).
- ↑ Stranga, Alvars (2012): "The Political System of Karlis Ulmanis' Authoritarian Regime (15-05-1934 – 17-06-1940)". Studia Universitatis Cibiniensis Series Historica IX: 51-56. Sibiu: Editura Universitatii Lucian Blaga.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kārlis Ulmanis ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía (en letón).
- Documents obtained and donated by Paul Berkay and transcribed by Sherri Goldberg and Margaret Kannensohn (en inglés).
- Kārlis Ulmanis, Latvian, and Baltic History Collection na University of Nebraska-Lincoln (en inglés).
- Biografía por Edgars Dunsdorfs (en letón).