Reino de Croacia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Capital | Nin Biograd na Moru Šibenik | ||||
| Poboación | |||||
| Lingua oficial | lingua latina | ||||
| Relixión | Igrexa católica | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 110.000 km² | ||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | c. 925 | ||||
| Disolución | 1102 | ||||
| Sucedido por | Banovina of Croatia (medieval) (en) | ||||
| Organización política | |||||
| Forma de goberno | monarquía absoluta monarquía | ||||
O Reino de Croacia (croata: Kraljevina Hrvatska) foi un reino medieval que abranguía a maior parte dos territorios da Croacia moderna e tamén, de forma intermitente, de Bosnia e Hercegovina, nos Balcáns.
Historia
[editar | editar a fonte]Os eslavos chegaron a Europa Oriental a principios do século VII e estableceron varios estados, incluído o Ducado de Croacia. A cristianización dos croatas comezou pouco despois da súa chegada e completouse a principios do século IX. O dominio do ducado alternou entre as dinastías rivais Domagojević e Trpimirović. O ducado rivalizaba coa veciña República de Venecia, loitou e aliouse co Primeiro Imperio Búlgaro e pasou por períodos de vasalaxe co Imperio Carolinxio e co Imperio Bizantino. En 879, o Papa Xoán VIII recoñeceu ao Duque Branimir como un gobernante independente.
