Reinaldo Javier García Mallea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Reinaldo Javier García Mallea
2014 Reinaldo Javier García Mallea.JPG
Nacemento15 de xaneiro de 1983
 San Juan
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns
editar datos en Wikidata ]

Reinaldo Javier García Mallea, nado San Juan de la Frontera (Arxentina) o 15 de xaneiro de 1983, é un xogador de hóckey a patíns arxentino que actualmente xoga na posición de defensa no FC Barcelona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reinaldo García iniciouse no hóckey a patíns aos 7 anos de idade no Club Rivadavia da súa cidade natal. Ao ano seguinte asinou polo Olimpia de San Juan, un dos equips máis importantes deste deporte na Arxentina, onde xogou ata os 18 anos.

Na tempada 2001-02 o FC Porto portugués fixouse nel e fíxose cos seus servizos. Co club portugués gañou 6 Ligas portuguesas de xeito consecutivo entre o 2002 e o 2007, así como 2 Copas e 3 Supercopas. A nivel continental co Porto disputou tres finais da Copa de Europa consecutivas, perdéndoas todas (dúas fronte ao FC Barcelona e unha fronte ao AP Follonica Hockey).

Na tempada 2007-08 chegou a Galiza da man do H.C. Liceo de A Coruña, club no que xogou dúas tempadas e co cal non chegou a gañar ningún título, mais tivo un papel importante que fixo que o FC Barcelona se fixase nel e o fichara na tempada 2009-10 para ocupar a praza que deixou Miquel Masoliver.

Paralelamente, Reinaldo García tamén participa de xeito habitual na selección arxentina, coa que gañou a Copa América 2008 e acadou os subcampionatos do mundo en 2005 e 2009.

Palmarés[editar | editar a fonte]

FC Porto[editar | editar a fonte]

FC Barcelona[editar | editar a fonte]

Selección arxentina[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]