A Copa América de hóckey a patíns masculina é unha competición internacional de hóckey a patíns organizada pola Confederación Suramericana de Patín (CSP) disputada dende o ano 2006 e que conta co recoñecemento del Comité Internacional de Hóckey a patíns (CIRH). Este recoñecemento como competición internacional por parte do CIRH implica que a regulamentación segue os cánones internacionais oficiais. Nesta competición poden participar tódalas seleccións que sexan membros da CSP, independentemente de se son orixinarias do Continente americano, así como calquera selección convidada pola Confederación. A selección de Cataluña é a única que disputou o título sen ser convidada grazas á súa adhesión definitiva á CSP o 11 de febreiro do 2007.