O Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen é un barco museo atracado no porto de Burela.[cando?] Coa súa recuperación e reconversión en museo, o concello de Burela dotaba a vila dun atractivo turístico, ao mesmo tempo que recuperaba unha parte da historia máis recente da localidade e rendía unha merecida homenaxe á xente do mar.
Construído en 1967, saíu por primeira vez do porto de Burela o 27 de xuño de 1968 para realizar a costeira do bonito do norte. Durante a súa longa vida, dedicouse á pesca de peixe espada, pescada ou bocareu. A súa última singradura realizouna desde o porto de Santander a Burela o 27 de setembro de 1998.