Regra dos terzos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Na fotografía a regra dos terzos posiciona unha das divisións na liña do horizonte[1]

A regra dos terzos é unha técnica de composición usada na fotografía. Consiste en dividir a foto en 9 cadrados, trazar dúas liñas horizontais e dúas verticais imaxinarias, e posicionar nos puntos de cruzamento o asunto que se desexa destacar para obter unha foto equilibrada. Os dous terzos da imaxe alcanzan o número 0,666, que se aproxima á lonxitude da sección dourada dun segmento que é 0,618, o número áureo.[2]

Rule-of-thirds.gif
Interseccións ou puntos de cruzamento
Proximidade da regra dos terzos e da reixa do número áureo

Historia[editar | editar a fonte]

John Thomas Smith escribiu a regra dos terzos por primeira vez en 1797.[3] No seu libro Remarks on Rural Scenery. Smith citou unha obra de Sir Joshua Reynolds de 1783, na que Reynolds discutiu, en termos non cuantificados, o equilibrio entre o escuro e a luz nun cadro.[4] John Thomas Smith continuou entón cunha expansión da idea, e nomeouna a "Regra dos terzos".

Escribindo en 1845, no seu libro Chromatics, George Field sinala que Sir Reynolds dá a proporción 2:1 como regra pola proporción de cores cálidas a frías nunha pintura, atribúe a Smith a expansión desa regra a todas as proporcións, e manifesta certo escepticismo sobre a universalidade de tal regra, polo menos en canto á cor.

A regra virou moi popular en todo o século XX, á vez que houbo fotógrafos e investigadores do mundo da arte que a seguiron a cuestionar (explorando iso mesmo xurdiu o método diagonal), dicindo que non é máis que unha simplificación afeccionada da reixa derivada da proporción áurea (tamén moi popular, mais que tivo tamén moitas extrapolacións indebidas, e moitos detractores).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. White (1990), p. 11.
  2. Putnok (1989), p. 140.
  3. Caplin (2008), p. 35.
  4. Reynolds (1783), p. 103.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Caplin, Steve (2008). Art and Design in Photoshop (en inglés). Burlinton, MA: Focal Press. ISBN 9780240811093. 
  • Putnoki, José Carlos (1989). Elementos de Geometria e desenho geométrico I. São Paulo: Ed. Scipione. ISBN 85-262-1467-5. 
  • Reynolds, Sir Joshua (1783). Annotations on The art of painting of Charles Alphonse Du Fresnoy (en inglés). York: Imprenta de A. Ward. 
  • White, Gwen (1990). Perspectiva. Para Artistas, Arquitectos e Desenhadores (en portugués). Lisboa: Editorial Presença. ISBN 9789722313223. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]